Competirán o CD Lugo, Deportivo da Coruña, así como os equipos do Ourense, O Coruxo, Bergantiños, Caldas de Reis e mesmo de Asturias, entre outros
Burela, 15 de maio de 2022. O VI Torneo Marosa Cup volve a Burela do 24 ao 26 de xuño, reunindo a 60 equipos de fútbol e ao redor de mil xogadores nos equipos de competición. Distribuiranse por días nun total de seis categorías, de xeito que o venres 24 de xuño competirán os equipos de infantil e cadete; o sábado 25, será a quenda dos benxamíns e alevíns; e o domingo 26 de xuño sairán ao campo os prebenxamíns e biberóns.
Ao longo desta fin de semana poderanse ver partidos nos que competirán o CD Lugo, o Deportivo da Coruña, así como os equipos do Ourense, O Coruxo, Bergantiños, Caldas de Reis e mesmo equipos de Asturias, entre outros.
Desde a organización da SD Burela, confirmaron na presentación que participarán sobre o terreo preto dun milleiro de xogadores, superando a cifra con respecto a edicións anteriores.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, destacou na presentación a relevancia “dun evento referente que trae a Burela moitísima xente ao longo deses tres días e que por tanto ten unha repercusión económica, social e deportiva evidente”. Unha aposta do goberno local por dar apoio a este tipo de eventos “que son tamén un revulsivo económico para o sector do comercio e hostaleiro”, en referencia á celebración tamén en Burela do Campionato de España de Fútbol Sala e a “todos os proxectos aos que damos soporte e promovemos, pois deporte e turismo van moitas veces da man e repercuten positivamente nos negocios e empresas da vila”.
Sinalou tamén que tanto o Concello, facilitando os medios e as instalacións deportivas, como a Deputación de Lugo, que realiza de novo unha achega económica a través do Plan Único, “apoiamos este torneo, unha cita xa consolidada no calendario anual deportivo”.
Por ese motivo, o edil agradeceu a colaboración do organismo provincial, así como a organización do Club Sociedade Deportiva de Burela, representado na persoa do seu presidente, Jesús Manuel Ares, e ao Porto de Burela, de categorías inferiores, polo traballo que realizan durante todo o ano e particularmente para a celebración do Marosa Cup.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
