Foz, 29 de xullo de 2022. A asociación O Noso Foz, que é a organizadora dos festexos da vila, e o Concello de Foz presentan o cartel das festas do San Lourenzo. Este ano unha fotografía nocturna do porto da localidade, sacada por Pablo Cid, da forma ao cartel dunhas festas que encherán de actividade a vila focega os días 8, 9, 10 e 11 de agosto.
As actividades culturais prolongaranse durante todo o mes de agosto, mais os días fortes comezarán o día 8 co pregón de José María Alonso Fraga, coñecido como Piti, ás 21.00 horas no Parque Rosalía de Castro (Campo da Cabana), que terá continuidade ás 22.30 horas co concerto de Owl Light Trio e Xógara, dous grupos de música tradicional, no mesmo emprazamento.
O día 9 comezarán as verbenas, que nesa xornada será amenizada por Los Satélites e Grupo Beatriz. O día grande será o 10, día de San Lourenzo e festivo na localidade, no que haberá misa ás 12 na igrexa parroquial e procesión acompañada do grupo O Feitizo; a sesión vermú estará amenizada por Fénix e pola noite serán Nostalgia, Fénix e Claxxon os que poñerán música á festa. Ás 24.00 horas recupéranse os fogos artificiais, que encherán de cor o ceo de Foz. O día 11 a sesión vermú será a cargo de Platinum e pola noite estará acompañada de La Misión.
Todo isto, sen esquecer que o mercado comezará o día 5 ata o 11. O día 6 ás 12.00 horas haberá inchables gratuítos para os pequenos na avenida Álvaro Cunqueiro, acompañados de música de Mia Disko. E o día 7 o tradicional concerto da Banda de Música de Foz será un encontro de bandas no que estarán acompañados da Banda de Torrox e da Banda de Laviana, ás 19.30 horas no Campo da Cabana.
Ademais o día 11 a partir das 16.00 horas haberá festa acuática en Tupide. Tamén están programadas moitas outras actividades complementarias ou o Festival Vrao, que será os días 13 e 14. A concelleira de Cultura, Inés López, anuncia que “en breve publicarase o cartel coas actividades de todo o mes de agosto, que ten o peche coa Festa Normanda”.
Dende a comisión de festas, Ángel Fernández desexa que “guste esta programación que preparamos para que todo o mundo disfrute”.
O alcalde, Fran Cajoto, quere “felicitar as Festas do San Lourenzo e desexarlles a veciñ@s e visitantes que as desfruten moito”.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



