Ribadeo, 11 de xullo de 2022. Concello e Acisa fan un balance moi positivo do VII Ribadeo Indiano, que concluía onte co concerto da mexicana Lila Downs, que reuniu na rúa San Roque a máis de 15.000 persoas, e co sorteo da viaxe a Cuba para dúas persoas. A afortunada foi a ribadense Begoña Sobrino Gijón. Segundo os datos que manexa a organización máis de 80.000 persoas se deron cita do venres ao domingo no Ribadeo Indiano, que xerou un volume de negocio de máis de 3,5 millóns de euros.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, “dende o Concello de Ribadeo facemos un balance moi positivo desta edición do Ribadeo Indiano de 2022 porque no broche de ouro, no colofón deste evento, no concerto de Lila Downs podemos afirmar que ao mesmo tranquilamente asistiron unas 15.000 persoas. Había moita afluencia na Rúa de San Roque, que ademais desta vez estivo totalmente habilitada para o concerto, pero o certo e que a xente tamén estaba por moitas outras rúas. Aínda que quizás o máis importante sexa que durante toda a fin de semana debería afirmar sen temor a equivocarme que o volume de persoas tanto de Ribadeo como de fora de aquí foi moi superior á pasada edición”.
O edil ribadense indicou que “o venres pola tarde en diferentes puntos da vila e tamén pola noite no parque notábase a gran afluencia e o gran ambiente, e o sábado practicamente en calquera rúa ou praza de Ribadeo había xente, había ambiente, había animación. Por suposto tamén o domingo, que normalmente era un día máis frouxo, pero a afluencia foi máis que notable. A ocupación hostaleira rozou case o 100% durante estes días do Ribadeo Indiano e a actividade da hostalería, dos establecementos, do comercio foi moi elevada, así que evidentemente o balance ten que ser totalmente positivo. Estamos moi satisfeitos da organización e da repercusión que este evento ten para Ribadeo”.
Vizoso Galdo tivo palabras de agradecemento para o persoal do Concello e tamén para Acisa: “quero aproveitar para agradecer a moitas persoas, a todo o mundo, principalmente ao persoal do Concello, aos meus compañeiros e compañeiras de Corporación, a Acisa, e a moitas outras asociacións e agrupacións. Foi un gran número de persoas, que co seu traballo e co seu entusiasmo fixeron posible o que podemos xa considerar como o mellor Ribadeo Indiano ata o día de hoxe. Síntome moi orgulloso de traballar con todo este equipo ao meu arredor”.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, comentou que “dende Acisa, tras unha pequena consulta que fixemos, porque non tivemos tempo a máis, podemos falar de que o Ribadeo Indiano 2022 foi o éxito máis grande ata o momento, e que estamos ata incluso asombrados da repercusión lograda. Podemos xa falar de algo máis de 3 millóns e medio de euros de ingresos nos tres días, de persoas que estiveron na actuación si podemos falar de arredor de 15.000. Estamos moi contentos, porque os hoteis rozaron o 100%, a hostalería incluso varios restaurantes chegaron a non cerrar servizos en todo o día, non había sitio para nada, realmente non había sitio para ter máis xente, teremos que buscarnos a vida en próximas ocasións, haber que podemos facer para dar mellores servizos”.
Onte á noite tras o concerto de hora e media que ofreceu a mexicana Lila Downs, tivo lugar o sorteo dunha viaxe a Cuba para dúas persoas. A afortunada foi a ribadense Begoña Sobrino Gijón. Iriarte Quintana dixo que “o sorteo de Acisa foi espectacular, o venres non había xa papeletas nos establecementos nosos, puxéronse 100.000 rifas en circulación para facer o sorteo e quedamos sen elas, e non sei cantas había na urna, pero había moitisimas”.
E engadiu: “agora solo quedan os agradecementos, que eu quero agradecer a todo o Concello, non me quero esquecer de ninguén e así cúbrome, pero sobre todo a Obras e Medio Ambiente, que estiveron loitando con nosoutros e con todo o que había que facer por aquí. Non quero esquecerme por nada do mundo nin de Begoña, nin de Xera, nin de Hugo, nin de Neves. Tamén quero darlle as grazas ao persoal de Acisa, a Jesús, e a Sierra, a Miguel, a Iriarte, a Suso, a María Novo, e a Fari, porque todos estiveron á altura e por encima do que tiñan que dar. Hoxe témolos a todos traballando outra vez, pero merecen un descanso. Grazas a todos. E a Pablo Vizoso, tamén moitísimas grazas, atendeu todo o que lle pedimos, tanto el como o alcalde, como todos os concelleiros e concelleiras, moitísimas grazas, da gusto traballar desta maneira”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.