O programa inclúe entre os seus obxectivos potenciar unha produción acuícola sustentable con medidas como a posta en marcha de ferramentas para o abastecemento estable de semente na produción de moluscos bivalvos

09,00 h.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participará na presentación do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia, no que colaboran a Xunta de Galicia, as tres universidades galegas e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
foto xoán crespo
Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2022. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe na presentación do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia -froito do traballo en rede de máis de 250 investigadores- onde salientou o potencial da comunidade no eido da investigación mariña e puxo este plan como exemplo da colaboración entre os distintos centros galegos para acadar un desenvolvemento sostible das actividades vencelladas co mar.
A representante do Executivo galego lembrou que esta iniciativa -financiada ao amparo do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation Europe- conta coa participación de preto de 90 grupos de investigación pertencentes ás institucións galegas máis punteiras entre as que se atopan seis centros de investigación dependentes da Xunta (Cesga, Cetmar, CIMA, Igafa, Intecmar e Meteogalicia), as tres universidades públicas galegas e catro centros dependentes do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
Este proxecto busca dar solución ás necesidades máis inmediatas do sector mariño galego mediante o desenvolvemento das tecnoloxías mariñas e a dixitalización, así como a educación ambiental, ao tempo que trata de fortalecer as sinerxías entre os axentes de investigación e o tecido empresarial para afrontar os retos futuros da pesca e a acuicultura, o turismo costeiro e mariño ou a economía azul.
A titular de Mar incidiu en que esta acción permitirá acadar un modelo integrado de xestión do fluxo de coñecemento científico en ciencias mariñas adaptado ao contexto ambiental, sociocultural, económico e institucional de Galicia. Trátase dunha investigación multidisciplinar no eido das ciencias sociais e ambientais para acadar o desenvolvemento sustentable e resiliente da contorna costeira.
Un dos tres grandes retos do programa galego é desenvolver unha estratexia de gobernanza permanente da observación e monitorización do ecosistema mariño en todas as súas dimensións, o que permitirá obter a información necesaria para garantir un aproveitamento máis sustentable dos seus recursos. Nesta liña, a comunidade desenvolverá ferramentas e tecnoloxías innovadoras para construír unha plataforma de datos integrada no centro de supercomputación galego.
O plan tamén pretende potenciar unha produción acuícola sustentable mediante a mellora da investigación xenómica -para mellorar os resultados do sector-, desenvolver ferramentas para o abastecemento estable de semente na acuicultura de moluscos bivalvos, mellorar a prevención e control de patoloxías e xerar novos sistemas de cultivo sustentable baseados na acuicultura multitrófica.
O terceiro obxectivo é a transformación social e económica e a transferencia, capacitación e capitalización do coñecemento cara unha auténtica economía azul sustentable. Abordarase mediante unha investigación multidisciplinar no eido das ciencias sociais que inclúa ramas como a física, a química, a xeoloxía ou a bioloxía, entre outras.
A titular de Mar, que estivo acompañada por distintos responsables da Consellería, salientou que se trata dun programa pioneiro en España co que se aglutina a experiencia da comunidade científica e os intereses e necesidades da industria do mar. Ao longo desta mañá distintos expertos exporán as liñas de traballo que prevé o programa e a xornada será clausurada pola directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey.
A Xunta lembra que a I+D+i é prioritaria para o sector, xa que lle permitirá posicionarse para gañar competitividade a futuro e avanzar en dar resposta a retos globais como a protección e xestión sostible dos ecosistemas mariños. Precisamente, a xestión innovadora dos recursos naturais, como a pesca ou a acuicultura, e a sostibilidade son prioridades da Estratexia Galega de Especialización Intelixente 2027 (RIS3), a estratexia global de Galicia para mellorar a competitividade, o crecemento económico e o emprego sostible e de calidade a través da innovación.
O traballo de Galicia
O Programa de Ciencias Mariñas de Galicia forma parte dos Plans Complementarios previstos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Estado e conta cun financiamento de 10 millóns de euros aportados polo Plan de Recuperación e por Galicia ao amparo do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).
O programa específico galego é o resultado do traballo en rede de máis de 250 investigadores da comunidade científica galega. De feito, o plan de Galicia está organizado en 11 áreas, 38 actuacións, 132 actividades e 293 tarefas e nel participan preto de 90 grupos de investigación de distintas institucións galegas, entre as que están as tres universidades públicas galegas, catro centros do Consello Superior de Investigacións Científicas e seis centros de investigación dependentes da Xunta.





















A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



