A conselleira do Mar lamenta que Bruxelas non aportase ditames biolóxicos nin socioeconómicos para avalar as súas teses e defende que todas as artes de pesca son respectuosas co medio ambiente se se empregan ben
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2022. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo hoxe un encontro con representantes das principais organizacións pesqueiras de Galicia e expertos xurídicos para analizar as repercusións do veto aprobado pola Unión Europea para a pesca de fondo en determinadas áreas do litoral comunitario. Neste sentido, a titular de Mar explicou que a Xunta está a estudar en profundidade o acordo acadado e fará un seguimento exhaustivo dos pasos que dea o Executivo comunitario neste sentido co obxectivo de defender, en caso de que sexa necesario, pola vía xurídica os intereses da frota pesqueira galega afectada.
A representante do Goberno autonómico incidiu en que a comunidade vai estudar da man do sector as consecuencias da posible entrada en vigor desa medida e as ferramentas xurídicas que ten ao seu alcance para revertela recorréndoa xudicialmente. Neste sentido, a Xunta e asociacións da frota tamén asinarán nos vindeiros días un manifesto en defensa da actividade extractiva coa que crearán unha fronte común á que convidarán a sumarse ao resto de comunidades e rexións pesqueiras da UE.
Rosa Quintana lamentou a resolución aprobada no seo da UE e lembrou que foi validada sen maioría cualificada, con case tantos países que se abstiveron, non votaron ou votaron en contra como os que apoiaron a medida. Por iso, mostrou a súa confianza en que a Comisión Europea rectifique e inicie unha nova consulta, seria e rigorosa, entre todas as partes implicadas.
A titular de Mar asegurou que a aplicación desta medida suporía un importante prexuízo para a frota de Gran Sol e os barcos de litoral que faenan en augas comunitarias e poría en risco centos de postos de traballo. O veto ás artes de fondo en preto dun centenar de zonas de pesca, denunciou a conselleira, semella basearse en datos parciais e totalmente desactualizados e non tivo en conta outros moitos informes sobre as consecuencias desta prohibición como os aportados por Galicia.
Nesta liña, Rosa Quintana cualificou de indignante a actuación de Bruxelas nesta cuestión pois tampouco aportou ditames biolóxicos nin socioeconómicos que sustenten a súa proposta, unha falla de argumentos sólidos que, incidiu, provocou esa elevada abstención na votación.
A representante da Xunta defendeu que todas as artes de pesca son respectuosas co medio ambiente se se empregan ben e lamentou que o Executivo comunitario dea prioridade novamente ás teses medioambientalistas por enriba das aportadas polos científicos e o propio sector. Por iso, trasladou aos representantes da frota o compromiso do Goberno galego de loitar ata as últimas consecuencias na defensa dos seus intereses.
De feito, incidiu en que o sector pesqueiro galego ten perfectamente acreditado que traballa de xeito respectuoso cos recursos e que é o primeiro interesado en preservalos coa finalidade de garantir o futuro da actividade. Unha mostra dese compromiso é o feito de que a maioría dos caladoiros nos que faena a frota galega se atopan en bo estado biolóxico.
A conselleira do Mar estivo acompañada no encontro polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, e nel participaron representantes de distintas organizacións de produtores pesqueiros de Galicia, da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e doutras asociacións de armadores así como da Fundación MarInnleg e do Instituto de Estudos Europeos Salvador de Madariaga, dependente da Universidade da Coruña.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



