Ribadeo, 22 de xullo, 2022. De todos e todas é coñecida a actitude que amosou José Manuel Balseiro cara á construción da actual Residencia de Persoas Maiores de Ribadeo. A súa estratexia foi a de acusar ao alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, de ser o principal obstáculo para a construción de dita residencia. Todo o mundo sabe en Ribadeo do penoso, patético e lamentábel papel xogado polo PP con respecto á construción de dita residencia. Até tal punto, que mesmo os concelleiros do PP en Ribadeo, en dous mandatos distintos e consecutivos, acabaron deixando de lado esa actitude irracional e vingativa de Manuel Balseiro cara á poboación ribadense en xeral, e os seus maiores en particular.
Tamén lembramos perfectamente a resposta dada desde a Consellaría de Benestar a unha comisión de veciñas e veciños ribadenses sobre a construción dunha residencia de maiores en Foz e non en Ribadeo. Desde esa comisión preguntábanlle á conselleira daquel momento por que non tamén en Ribadeo. E a conselleira respondeu taxativamente, e de xeito literal, que a residencia de Foz era unha aposta persoal do señor Feijoo.
Non sabemos se o deputado Daniel Vega é tamén unha aposta persoal do señor Feijoo, pero desde logo, o noso veciño pórtase como se a súa función fose simplemente satisfacer as necesidades políticas do señor Balseiro, e agora tamén do señor Rueda, pois día si dia tamén non fai máis que poñerse ao servizo do goberno da Xunta para este poderlle facer oposición ao goberno municipal do BNG. Ben se trate dunha herdanza recibida polo concello, ben se trate de lograr o apoio económico da Xunta para a reforma do Hospital Asilo, o señor Daniel Vega entra nun terreo lamacento facendo unha oposición mesquiña e creando mil e unha insinuacións, cada unha das cales se vai diluíndo co paso do tempo. Pero iso, ao señor Vega, pouco lle importa, pois xa logo preparará outras para volver a comezar e marear o peixe con outras historias polo estilo. Boten contas das andrómenas que leva contado e cantas acabaron esfarelándose… Todas! O falar non ten cancelas.
Para colmo de colmos, eríxese en inspector, ademais do seu consabido cargo de “presidente de comisión” (así se ten definido e presentado en sesión plenaria no Concello de Ribadeo nalgunha ocasión), e reclámalle ao concello información, como se el, Daniel Vega, fose membro do goberno da Xunta e os demais tivesen que render contas ante el. Ás veces non se ve moi ben se a oposición ao goberno municipal de Ribadeo a encabeza o PP de Ribadeo ou o goberno da Xunta. Desde o BNG de Ribadeo sabemos que o goberno municipal de Ribadeo deu información sobre o proxecto de reforma do Hospital asilo. Xa o fixeron nas distintas fases de redacción do proxecto que deben ser presentadas preceptivamente ante a Consellaría correspondente. Non lle quede a menor dúbida á Xunta de Galicia de que, se está disposta a abordar un convenio específico de colaboración co Concello de Ribadeo para encarar conxuntamente a reforma integral do Hospital asilo de Ribadeo, en colaboración con outras institucións (como o goberno do Estado, por exemplo), alí estará o grupo municipal do BNG de Ribadeo para emprender construtivamente o tema.
Que Daniel Vega queira marear de novo o peixe apelando a subvencións de concorrencia competitiva específicas para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos municipais (cun tope de subvención que queda lonxe da cantidade necesaria par abordar esta reforma integral do Hospital asilo), demostra unha vez mais a pouca consideración que ten cara aos veciños e veciñas de Ribadeo. Mire: non se lembra que o goberno municipal de Ribadeo pediu unha subvención para reformas parciais de distintas dependencias municipais e foille denegada? Vostede está a poñerse a venda antes da ferida porque algo debe intuír que vai pasar, algo negativo para Ribadeo e as súas persoas maiores. Fágase un favor: aprenda dos seus compañeiros e compañeiras de anteriores mandatos e defenda os intereses dos nosos maiores e as súas familias.
No BNG de Ribadeo, o goberno municipal que sustentamos, con Fernando Suárez Barcia á cabeza, temos claro que queremos lograr cousas para Ribadeo e estamos dispostos a falar con todo o mundo. Tivemos ocasión de demostralo ao buscarmos entre todos como lograr un novo centro de saúde. Si: ese que vostede dicía (ao máis puro estilo Balseiro) que non queriamos construír. As súas andrómenas nesta ocasión, de pouco lle valeron.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



