Lourenzá, 11 de xullo de 2022. Ao equipo de goberno do Concello de Lourenzá sorpréndelle “que a reacción dos populares locais ás recentes declaracións da presidenta provincial do PP e do alcalde de Mondoñedo sexa un ataque ao goberno de Lourenzá e non unha defensa dos intereses do noso concello ante as intencións da señora Candia e do señor Otero de levar o final de etapa do Camiño do Norte a Mondoñedo. Supoñemos que o farán seguindo ordes da superioridade”.
“Nótase que o novo presidente do PP local non vive nin traballa no termo municipal, será por iso que descoñece todas as iniciativas que se levan a cabo desde o Concello para impulsar o Camiño de Santiago como final de etapa, algo que nos corresponde historicamente; e que teña a seguridade de que mentres goberne este equipo loitaremos, xunto con toda a veciñanza, para que non se leven a cabo as pretensións dos gobernantes mindonienses. Debe saber o novo responsable popular que Lourenzá conta cun albergue público, recentemente reformado, e con tres novos albergues privados. Contamos cunha nova oficina de turismo e temos unha técnica de turismo que, como todo o mundo sabe, atende aos peregrinos case as 24 horas porque ata ten publicado o seu teléfono particular. É de todos coñecido o gran traballo que realiza no impulso do Camiño. Tamén destacamos o traballo feito pola empregadas que atenden o albergue público e que reciben numerosos parabéns dos visitantes. Tamén debe descoñecer o responsable popular que moitas veces se habilita o pavillón polideportivo para albergar a grupos numerosos de peregrinos. A técnica de cultura tamén colabora en ocasións organizando visitas e dando información aos peregrinos que acoden á biblioteca municipal. Desde as Escolas Deportivas tamén colaboran organizando a Milla Lourenzá Fin de Etapa Camiño Norte.
Celebramos Xornadas de Historia Local sobre a importancia de Lourenzá no Camiño Norte. Contamos cunha ruta con audioguía sobre a figura de Fernández del Riego a disposición dos visitantes, etcétera”, explican os gobernantes municipais de Lourenzá.
O equipo de goberno laurentino engade: “cremos que, aínda que non viva en Lourenzá, o responsable popular debe saber que a restauración en Lourenzá está exenta do pago de taxas por terrazas, tiveron descontos na taxa de lixo, repartíronse lotes de carne de poldro e de porco celta para a elaboración de tapas, etcétera. Como el ben debe saber a decisión de traballar ou montar un negocio na localidade ou fóra dela é algo que non lle corresponde ao equipo de goberno, son iniciativas do ámbito privado.
Por último, parece que no PP local cambiaron a pluma pero non as formas. Pensamos que é pouco elegante e desleal co funcionamento democrático o publicar as preguntas que se levan ao Pleno antes de que o interpelado teña a posibilidade de contestala. O grupo socialista ten preparada para presentar no próximo Pleno unha moción relativa ao Final de Etapa do Camiño do Norte. Por respecto á Corporación Municipal darémola a coñecer e debaterase no lugar que lle corresponde, agardando que conte co apoio do grupo popular, sempre que primen os intereses da veciñanza laurentina sobre os da presidenta provincial do Partido Popular”.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



