O PP local lembra tamén que “o goberno local PSOE-BNG tampouco solicitou axuda para a brigada municipal contra incendios” o que demostra “o seu total abandono”
A Pastoriza, 28 de xullo de 2022. O PP da Pastoriza lamenta que o goberno local bipartito PSOE-BNG “deixara escapar a oportunidade” de solicitar á Xunta unha axuda para mellorar ou dotar dunha nova pista multideporte a algún dos colexios do municipio.
Os populares explican que “os Concellos galegos dispoñían ata o 27 de xuño para solicitar esta subvención que, no caso daqueles con menos de 5.000 habitantes como é o caso da Pastoriza, suporía o 85% da contía do proxecto ata un máximo de 85.000 euros. Pero o goberno local non o fixo. Están a outra cousa”, engaden.
O PP local cre que “a falta de diálogo entre as dúas partes do goberno municipal da Pastoriza supón prexuízos para os veciños e veciñas que vemos como, neste caso, se perde a oportunidade de contar cunha nova infraestrutura lúdico-deportiva”.
Os populares lembran que “a Xunta financiará a construción de novas pistas multideporte en 12 municipios da provincia gobernados por distintos partidos políticos”. Nese sentido, consideran que “o goberno local debería ter máis vontade de traballo conxunto para velar polos intereses dos veciños e veciñas”.
Deporte e vida saudable
“Non podemos entender que o goberno da Pastoriza non estea interesado en que o Concello dispoña dun espazo polifuncional que permita a práctica de, polo menos, cinco deportes de forma que se promova a vida saudable entre o alumnado; pero tamén entre a poboación en xeral”. Porque, segundo lembran “existe un acordo entre a Fegamp e a Consellería de Educación que regula a apertura das instalacións deportivas para o seu uso por parte da cidadanía fóra do horario escolar”.
Tampouco solicitaron brigada contra incendios
A mediados do mes pasado, os populares tamén amosaban a súa desconformidade con que o goberno local non solicitara este ano ante a Xunta a axuda para contratar a unha brigada municipal de prevención e loita contra incendios forestais. “Xa van dous veráns nos que A Pastoriza non conta con brigada porque non a solicitaron”, explican. “É outra mostra máis do abandono por parte do goberno do PSOE e do BNG”, conclúen.


















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



