A cita incluirá unha Festa do Mexillón, sesións vermús e moita música durante 4 intensos días
Cervo, 7 de xullo de 2022.- San Cibrao celebrará a mediados deste mes de xullo as súas Festas na Honra da Virxe do Carme.
A cita, que foi presentada polas edís de Cultura, Servizos Sociais e Medio Ambiente, Dolores García Caramés, Pilar Armada e Mali Méndez, respectivamente, e por unha representación das asociacións A Anxuela, Mar de San Ciprián e Amigos da Maruxaina, que organizan as diferentes actividades, desenvolverase desde o xoves 14 de xullo ata o domingo 17 con múltiples citas gastronómicas e musicais.
Así o día 14, na Praza dos Campos, terá lugar unha Festa do Mexillón, a partir das 20:00 horas, na que se servirán racións deste molusco por parte da asociación Amigos da Maruxaina, que estará amenizada por gateiros e tamén por DJ Ovo.
O venres, 15, ás 14:00 horas, está prevista a sesión vermú a cargo da orquestra Acordes, que repetirá na verbena co Grupo Arizona. Ese mesmo día, ás 21:00 horas haberá misa solemne na Igrexa Parroquial de Lieiro, seguida da procesión do Carme ata o peirao, coa incorporación de San Cibrao e San Andrés, acompañados en pasarrúas da agrupación musical Dambara-San Inocencio de Burela. A procesión está organizada pola Asociación Mar de San Ciprián.
Xa o sábado haberá misa solemne no peirao, e ao remate terá lugar unha ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos, a cargo de María del Pilar Bermúdez.
A continuación terá lugar a procesión e a sesión vermú coa orquestra salsarena que repetirá á noitiña; a partir das 23:00 horas. A continuación collerá o testigo a Disco Móvil Chocolate.
O punto e final das festas poñerao a asociación cultural Xacarandaina, que realizará un percorrido pola vila e actuará na Praza dos Campos, a continuación.
O rexedor, Alfonso Villares, quixo agradecer “a entrega e a dedicación a esas persoas, a eses compañeiros, que fan posible que podamos desfrutar deses días de confraternidade e divertimento en compañía dos nosos; que tanto botábamos de menos”.
Villares recordou a importancia que ten esta festividade para a vila “ O Carme consegue reforzar esa identidade de vila mariñeira que caracteriza a San Ciprián –precisou- “un pobo no que neses días se respira un especial sentimento de comunidade palpable en cada reencontro, en cada instante de alegría compartida e, moi especialmente, nese emotivo percorrido da nosa Patroa a ombreiros polas rúas do pobo, engalanadas para a ocasión”.
O alcalde quixo convidar, do mesmo xeito, á veciñanza e visitantes “a que participedes de forma activa de cada un dos actos programados que tratan de conectar con todos os públicos”; non dubidedes –engadiu- “en trasladar esta invitación a todos aqueles dos que vos gusta rodearvos, como boa mostra da hospitalidade que caracteriza á xente de San Ciprián”.
Desde a organización informan que para todas aquelas persoas que desexen colaborar na festa, que se habilitarán dúas opcións de ingreso: unha conta no Banco Santander e na propia Casa da Cultura.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



