José Tomé Roca visitou xunto a Luis Planas o Laboratorio Nacional de Sanidade Vexetal en Lugo e recoñeceu o apoio decidido do Goberno de España á actividade agrogandeira e do mar, con axudas para paliar o impacto da guerra aos sectores lácteo, cárnico e pesqueiro por un importe conxunto de 440M€
Lugo, 6 de xullo de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este mércores na visita que o Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, fixo ás instalacións do Laboratorio Nacional de Sanidade Vexetal, situadas na cidade de Lugo. Unhas instalacións que veñen de ser renovadas para converterse nunha infraestrutura de primeiro nivel e acadar estándares elevados no control da produción agraria.
O mandatario provincial agradeceu a visita do Ministro e puxo en valor o seu compromiso co sector primario, “que é fundamental para a economía, para o emprego, pero tamén para preservar a identidade cultural da nosa provincia”. Puxo o foco no interese mostrado por Planas por coñecer de preto a situación do sector lucense e recoñeceu os avances no laboratorio que o Goberno vén de executar no marco da súa vontade por descentralizar a administración.
Este laboratorio completa a rede estratéxica de laboratorios veterinarios e de sanidade animal dependentes do Ministerio para reforzar a seguridade alimentaria. O Ministro destacou que é un centro en crecemento de alto nivel que reforza a seguridade das producións nacionais e, entre outros aspectos, permitir que se poida seguir exportando produtos agroalimentarios por valor de 62.000 millóns de euros, como aconteceu o ano pasado. Agora mesmo traballan nel 19 persoas, pero avanzou Planas que está en crecemento.
O Presidente da Deputación recoñeceu o apoio decidido do Goberno de España á actividade agrogandeira e do mar, con axudas para paliar o impacto da guerra aos sectores lácteo, cárnico e pesqueiro por un importe conxunto que se eleva aos 440M€. De feito, o Executivo central xa ingresou 25M€ ás ganderías de leite da provincia de Lugo.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



