Os traballos, que humanizarán o centro da localidade, son financiados integramente pola institución provincial a través dun convenio co Concello coa fin de crear un novo espazo de convivencia que lle dará un maior protagonismo aos peóns e reducirá a velocidade dos vehículos que transiten por esta zona
Lugo, 11 de agosto de 2022. A Deputación de Lugo vén de comezar as obras de humanización da Praza da Galeguidade, en Muras, cun investimento de preto de 220.000€. Así o informa o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, quen subliña que se trata dunha importante actuación que é froito dun convenio de colaboración co Concello de Muras a través do que a institución provincial financia integramente as obras.
As obras teñen un prazo de execución de 3 meses. Tomé Roca destaca que este proxecto busca “mellorar a vida da xente, neste caso logrando unha praza máis acolledora, máis accesible e máis bonita”. Concreta que “o rural da nosa provincia necesita actuacións coma esta para ter futuro, para ser atractivo para a poboación máis nova e cómodo para as persoas maiores”.
“As prazas, como a Praza da Galeguidade, son espazos físicos, pero tamén son espazos de convivencia e de memoria. Polo tanto, cando renovamos unha praza, non só melloramos a parte urbanística, senón que creamos comunidade e proxectos de futuro”.
O proxecto
O proxecto contempla un conxunto de actuacións que teñen como obxectivo humanizar o centro de Muras, creando un novo espazo de convivencia que lle dará un maior protagonismo aos peóns e reducirá a velocidade dos vehículos que transiten por esta zona.
Vaise crear unha única plataforma de pedra e formigón que unirá as fachadas dos edificios coa Alameda da Praza da Galeguidade, coa intención de unificar estas dúas zonas, e pola que transitarán tanto os vehículos como os peóns. Eliminaranse os banzos actuais para mellorar en accesibilidade tanto para as persoas con mobilidade reducida como para os carros dos bebés.
Ademais, esta obra servirá para renovar as subministracións públicas, como a rede de abastecemento de auga, de pluviais, de enerxía eléctrica e de telecomunicacións. Así mesmo, esta zona dotarase de novas luminarias e de mobiliario urbano que ofreza unha maior calidade e comodidade para a veciñanza.
A rúa Apóstol Santiago modificará a súa actual bidireccionalidade, converténdose nunha estrada de dirección única en sentido ao Concello. Quedará prohibido o acceso á nova contorna dos vehículos que circulen en sentido ao Concello dende a rúa José Ramón Puentes.


















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



