Foz, 8 de agosto de 2022. Coa entrega de diplomas aos participantes foi clausurado hoxe, luns, no Cenima de Foz o obradoiro de emprego Terras do Ouro que estivo dedicado a actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.
Ao acto de entrega dos diplomas e certificados acreditativos do obradoiro acudiron os alcaldes do Valadouro; Edmundo Maseda; de Alfoz, Jorge Val; e de Foz, Fran Cajoto; o concelleiro de Turismo focego, Chema Linares; o edil Javier Castiñeira e o delegado territorial da Xunta de Galicia, Javier Arias.
Os alcaldes destacaron “o compromiso co emprego dos concellos e a boa resposta do alumnado, acción que continuará cun novo obradoiro de xardinería, que se iniciará no mes de setembro e do que nun breve prazo comezará o período de selección”.
O rexedor municipal de Foz engadiu: “formamos persoas e ofrecemos unha perspectiva laboral aos nosos veciños. Invitamos a todo aquel interesado a presentarse ao novo obradoiro de xardinería, que terá unha duración de 12 meses. Estamos moi satisfeitos co resultado”.
Durante un período de nove meses, comprendido entre o 15 de outubro de 2021 e o 14 de xullo de 2022, no obradoiro de emprego Terras do Ouro recibiron formación e experiencia profesional 20 alumnos e alumnas, na especialidade de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. O alumnado alternou a formación teórico práctica propia da especialidade con traballos de mantemento de camiños forestais e de limpeza e plantación de frondosas e coníferas autóctonas en terreos forestais pertencentes ós tres concellos, adquirindo así unha formación e experiencia profesional que facilita o acceso ó mercado laboral de vinte persoas nun sector como é o forestal, cunha gran puxanza na zona.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



