Portos de Galicia inviste 120.000 euros nesta actuación incluída nun contrato conxunto de 3,8 millóns para unha trintena de dársenas autonómicas
Viveiro, 30 de agosto de 2022. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, renovará o alumeado portuario do municipio de Viveiro con máis de medio centenar de equipamentos, luminarias, proxectores e software de telexestión. Así llo trasladou esta mañá a presidenta do ente público, Susana Lenguas, aos representantes da confraría de pescadores de Celeiro nunha reunión de traballo na súa sede, na que subliñou que esta actuación mellorará as condicións de iluminación e eficiencia enerxética, procurando unha reducida contaminación lumínica.
Con este obxectivo, implantarase tecnoloxía LED con equipos de altas prestacións deseñados especialmente para traballar en espazos portuarios pola súa durabilidade en ambientes mariños e condicións climáticas adversas. Ademais, incrementarase a protección contra sobretensións e implantarase unha capa tecnolóxica para o telecontrol da iluminación.
Esta actuación, orzamentada en 120.000 euros, inclúese nun contrato conxunto de 3,8 millóns de euros que Portos de Galicia ten en licitación para unha trintena de dársenas autonómicas co obxectivo de dotar de sistemas de alumeado exterior sustentable ao conxunto do sistema portuario autonómico.
No porto de Viveiro actuarase sobre 54 luminarias e proxectores para a súa renovación, incluíndo a retirada das instalacións existentes, a substitución polos novos equipos LED e a dotación de sistemas de telexestión. Portos implementará este proxecto tamén nas dársenas de Ribadeo e Burela coa finalidade de mellorar a calidade luminosa dos portos e contribuír ao aforro enerxético.
Substitución de pavimentos
Susana Lenguas informou tamén durante a súa visita a Viveiro de que o ente público ten en licitación outro contrato de grande envergadura para a renovación de firmes e pavimentos esgotados no conxunto dos portos autonómicos. Neste caso invertiranse máis de 125.000 euros nos portos de Viveiro e Celeiro. En Celeiro actuarase sobre o total da vía interior que da acceso á lonxa, mentres que en Viveiro se mellorarán diversas zonas da explanada portuaria.
Finalmente, a presidenta de Portos, acompañada por representantes municipais, comprobou o avance das obras de acondicionamento da nave de redes que Portos de Galicia ten en execución en Celeiro e que conta cun investimento de 380.000 euros.






















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



