Está organizada polo Clube Cerezo BIKES, que contará con 4 circuitos, 33 kilómetros e 1500 metros de desnivel. Comezará ás 9:30. As persoas interesadas poderanse inscribir na seguinte ligazón https://bit.ly/3BAEOu7

Está organizada polo Clube Cerezo BIKES, que contará con 4 circuitos, 33 kilómetros e 1500 metros de desnivel. Comezará ás 9:30. As persoas interesadas poderanse inscribir na seguinte ligazón https://bit.ly/3BAEOu7
O venres nos exteriores da Casa da Cultura nova visita da furgoneta de Galicia Sabe aMar que permitirá probar pinchos mariñeiros para resaltar as propiedades dos nosos peixes. Para rematar o domingo a I Marcha contra o cancro partindo desde a ponte vella e rematando no parque da Casa da Cultura. Inscricións durante toda esta semana na Casa da Cultura. Ademais, Os do 21 organizan o seu festival 'Lembranzas' o sábado ás 19:30h no seu local social.
Están organizadas pola Asociación de Festexos A Granda. Arrrancarán este venres, 18 de xullo ás 20 horas, cunha gran churrascada seguida de verbena con Oca Band e Conxuro Disco Móbil.
Está organizado en colaboración coa Federación Galega de Natación (FEGAN). Unha semana para aprender, mellorar e gozar deste deporte tan espectacular. Este sábado, de 10:00 a 12:00, celébrarase a exhibición final na piscina municipal, aberta ao público para ver o traballo realizado durante o campus.
A secretaria xeral Técnica, participou este mércores na Misa Solemne na honra da Virxe do Carme na Praza Conde de Fontao.
Na presentación do cartaz estiveron presentes os organizadores, membros da Asociación de Festexos A Medorra (Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña) acompañados da Primeira Tenente de Alcalde Mª Dolores Meitín. Ás 12 do mediodía dará comezo a festa co pregón a cargo de Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores. A xornada gastronómica estará amenizada por “Os Charangos de Neda” e polos cantos de taberna de “Espera que vou mexar”.
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, asistiu este mércores na Praza Conde de Fontao de Foz á misa cantada polo coro Mar Aberto na honra á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros. A cerimonia celebrouse no marco da programación das Festas do Carme que organiza este municipio mariñán do 11 ao 17 de xullo. A este acto, que continuou coa tradicional ofrenda floral e a procesión, tamén asistiu o Alcalde de Foz e Deputado Provincial, Francisco Cajoto, membros da corporación municipal e numerosos veciños e veciñas e visitantes.
Por unha banda, o artista uruguaio Daniel Drexler fai parada en Mondoñedo dentro da súa xira europea. Este venres desde as 21:30h. É a primeira vez que a Horta de Galiana recibe a un artista internacional. E xa o sábado, o mindoniense Jorge Santamarina fará as delicias dos asistentes cunha noite de tangos desde as 22h.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital