Queda aberta a pre-reserva de abonos para a tempada 2022/23 do CD Burela FS
Burela, 17 de agosto, 2022 . Queda aberta a campaña de socios para a tempada 2022/23 do CD Burela FS, para poder gozar do mellor fútbol sala do mundo en Vista Alegre.
No Peto, No Peito
Ese carné que levarás no peto, ese que te identifica máis que o teu propio DNI, é o que latexa no peito como sentimento laranxa. A nosa verdadeira identidade. Faite socio do noso club e implícate nun proxecto que emociona!
Ao unirte o noso club non só poderás ver o mellor fútbol sala nacional masculino e feminino, senón que apoiarás o deporte da Mariña, a igualdade, a educación e o fomento de hábitos saudables entre a nosa poboación, especialmente entre os máis pequenos.
Este ano existirán 5 tipos de abonos:
Adulto: Persoas a partir dos 18 anos de idade.
Xuvenil: Para persoas entre os 15 e os 17 anos, ambos incluídos.
Infantil: Para menores de 14 anos e solicítase nas oficinas do club.
Dixital: Para quen só queiran ver partidos desde casa e apoiar o club.
Socio Estudante: Para persoas matriculadas nalgún centro de educación oficial regrada (colexios, institutos, universidades). Só se pode obter na oficina do club e necesitas o xustificante da matrícula en regra.
*Os prezos finais comunicaranse no futuro
Haberá dous períodos para solicitar a pre-reserva do asento e o abono de tempada. Do 16/8 ao 26/8 os abonados a tempada pasada poderán solicitar a súa renovación, conservando o asento ou cambiándoo (dependendo da dispoñibilidade). Neste caso é necesario poñerse en contacto coas oficinas do club. O pago pódese realizar a partir do día 30 de agosto nas oficinas do club ou por medio da nosa web, quedando confirmado desta forma o asento.
A partir do 27 de agosto os socios sen abono o ano pasado e os novos socios poderán pre-reservar o seu asento e abono. A prioridade para elixir asento será de socios con abono mixto do ano pasado, socios con abono masculino ou feminino do ano pasado, socios sen abono o ano pasado e novos socios. A partir do día 30 de agosto poderán pagar a súa cota e confirmar o asento.






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



