O inmoble a restaurar está en tan malas condicións que xera risco e incide negativamente na paisaxe do Camiño
Mondoñedo, a 28 de agosto de 2022. O Concello de Mondoñedo ten entre ás súas liñas prioritarias de intervención a recuperación do patrimonio construído, así como a promoción do Camiño Norte, como acredita o traballo efectuado neste terreo durante os últimos anos. Agora dá un paso máis e proxecta a rehabilitación do inmoble número 10 de San Paio, na parroquia de Santiago, para dedicalo a usos culturais vencellados ao Camiño Norte. Nunha primeira etapa, á intervención centrarase no exterior do edificio. O orzamento de licitación ascende a 38.000 euros. O Concello acaba de conseguir para esta obra unha subvención de 20.000 euros do Instituto de Estudos do Territorio. Este inmoble foi cedido ao Concello en setembro de 2003 e o pleno aceptou a cesión en febreiro de 2007.
O goberno local, presidido por Manuel Otero, destaca que, coas obras programadas, o Concello dá solución a un inmoble, que, polo lamentable estado de conservación no que se atopaba, xera inseguridade e afecta aos propietarios lindeiros. Unha vez máis, indican fontes municipais, o goberno local foi capaz de dar solución a un edificio que herdou nunha situación insostible, ao igual que xa fixo en moitos outros casos. Nesta ocasión, a rehabilitación do edificio suporá corrixir o que ata agora era un impacto paisaxístico negativo no Camiño Primitivo.
O edificio no que se actuará é unha edificación con semisoto, planta baixa e planta primeira. Estivo dedicado a vivenda, pero na actualizade non ten un uso específico. A grandes trazos, a intervención prevista suporá a instalación dunha estada homologada e lona, demolición e retirada completa de restos da cuberta de madeira e tellado, picadura de revocaduras en muros, novos enfoscados de morteiro de cal e revocadura de cal graso en tres capas; instalaranse novas vigas e viguetas de madeira de castiñeiro e colocarase cango de madeira de castiñeiro. Igualmente está prevista a instalación de canos de zinc e baixantes. Levarase a cabo unha nova cubrición de lousa e procederase a reparación da porta e fiestra de madeira de acceso á vivenda na fachada principal. Será reparado o muro traseiro de cachotaría con pezas de cuarcita, procederase a reparación da cornixa da fachada traseira e pintarase ao silicato ou a cal a fachada principal.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



