Ribadeo, 28 de agosto de 2022. Os gañadores dos premios de Acisa sorteados onte á noite no Guateque poden reclamalos ata o vindeiro venres, 2 de setembro, nas oficinas da asociación de 9:30 a 14:30 horas.
A música e a moda dos anos 60 e 70 encheron onte á noite de son, de luz e dun ambiente vintage o Parque de San Francisco. Unha multitude gozou do Guateque organizado pola comisión de festas de Ribadeo e co que colaborou a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
Todas aquelas persoas que realizaron compras no comercio local ou consumiron na hostalería entre o 20 e o 27 de agosto por importes de máis de 50 euros puideron presentar devanditos tickets e obter un desconto dun euro nas consumicións do Guateque. E ademais recibiron papeletas para entrar no sorteo de dous agasallos, xentileza de Acisa Ribadeo.
O sorteo realizouse de forma presencial a través dun programa informático de números aleatorios. O 2.738 foi o premiado cunha caixa regalo de dúas noites para dúas persoas a elixir entre 1.500 destinos. E o 171 recibirá 100 euros en vales de compra para gastar no comercio e na hostalería locais.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, agradece “la colaboración de Eroski Viajes, del Concello de Ribadeo y de la comisión de fiestas. El trabajo conjunto siempre es muy importante para la dinamización económica de esta villa. Gracias también a los voluntarios que hicieron posible el Guateque”.
Mercado de Rúa
Este domingo concluiu o Mercado de Rúa que veu celebrando desde o pasado venres e no que se deron 16 establecementos comerciais que sacaron á rúa os seus produtos a uns prezos moi interesantes.
Os locais participantes foron: La Coquete, Azabache, Bis a Bis, La Moda Joven, R23, Opticalia, Pequerrechos, Glass, Adele, Naná, Mika, For Friends, Gutié, Vitaldent e Anais.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifiesta: “esperamos que el Mercado de Rúa haya conseguido los objetivos perseguidos. Queremos agradecer la participación de nuestras asociadas y asociados. Y los animamos a todos y a todas a seguir sumándose a las próximas campañas que pondremos en marcha”.



























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



