Ribadeo, 31 de xullo de 2026. O monte de Santa Cruz loce nova imaxe. Á nova iluminación únese a mellora no pavimento da estrada de baixada.
O alcalde, Dani Vega, explicou hoxe que “remataron as melloras da iluminación de Santa Cruz, unha inversión financiada 100 % pola Xunta de Galicia. Agradecemos o seu traballo, xa que de non ser así sería imposible levar a cabo toda esta mellora. Creo que o espazo de Santa Cruz, un espazo verde, un espazo natural que debemos conservar, un punto de referencia para todos os ribadenses e desde logo Santa Cruz, que estaba realmente abandonado, pasa a ser un punto de referencia turístico e cultural para Ribadeo”.
O rexedor dixo que “iluminar Santa Cruz non foi simplemente colocar catro farolas, senón renovar as existentes, colocar algunha máis nalgún punto no que non había e tamén poñer en valor os monumentos. O monumento ao Gaiteiro, ese monumento que leva anos en Santa Cruz, que quere honrar ao gaiteiro, á música tradicional, un monumento único no mundo feito por Faílde, de Ourense, tamén iluminar a cruz e instalar unha iluminación no miradoiro. Actuamos en tres puntos de referencia claves e fundamentais e tamén melloramos o que ven sendo a iluminación no parque. Estes días nos que acude moita xente a Santa Cruz de noite tamén, onde hai un parque no que os nenos teñen dereito a xogar, evidentemente esa zona ten que estar iluminada”.
Vega contou que “non só se iluminou o que ven sendo a área recreativa, que estaba todo destrozada, senón que quixemos darlle un valor engadido é dicir poñeren valor os monumentos que hai en Santa Cruz, incluso mellorando a fonte, non só arranxando a fonte, senón tamén iluminando a fonte que hai alí en Santa Cruz”.
O alcalde ribadense lembrou que “levamos tempo traballando, mellorando este espazo natural, este espazo verde, desde o desmeste, a eliminación de especies invasoras, todo o que se fixo en Santa Cruz, pouco a pouco, porque hai que ir conxugando inversión con captar esa xestión de fondos por parte da Xunta e incluso xa renovando todo o pavimento de saída, a baixada de Santa Cruz que estaba toda destrozada e agora ten un novo pavimento de aglomerado. Son novas inversións en puntos clave, puntos referentes desde un punto de vista cultural e turístico e tamén como sentimento de ribadense o monte de Santa Cruz está hoxe moito mellor e seguiremos traballando e avanzando para que Ribadeo mellore”.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



