Lamenta que o goberno galego oculte a procedencia destes fondos, máis aínda cando o PP “votou en contra tanto dos Presupostos Xerais do Estado coma do Plan de Recuperación”
O Valadouro, 25 de agosto de 2022. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reclámalle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que rectifique con “lealdade, responsabilidade e coherencia” ao anunciar e xestionar as axudas de vivenda con fondos do Goberno e do Plan de Recuperación. Nunha visita ao Concello de Valadouro, José Miñones pediu esta mañá “transparencia” na xestión en Galicia das axudas de ata 10.800 euros para a compra de vivenda que o Goberno pon a disposición dos mozos e mozas en municipios de ata 10.000 habitantes, cuxa tramitación corresponde á Xunta, e censurou que Xunta anuncie estas medidas e outras como o bono alugueiro xove como propias “sen complementalas nin ter posto un só euro” a pesar de que a vivenda é competencia autonómica.
“Lamentamos que a Xunta non achegue nin un so euro para estas axudas de vivenda, cando se trata dunha competencia autonómica. O 100% dos 10.800 euros que os cidadáns poderán recibir por compra a cargo do Plan Estatal de Vivenda e dos Presupostos Xerais do Estado, que en ambos os dous casos contaron co voto en contra do PP”, sinalou. José Miñones desprazouse ao Concello do Valadouro, na Mariña interior de Lugo, onde foi recibido polo alcalde, Edmundo Maseda, para detallar as axudas do Plan Estatal de Vivenda 2022-2025 co que o Goberno promove o acceso á vivenda da mocidade e a cohesión social e territorial.
“Dende o Goberno estamos a traballar para que a vivenda sexa de verdade un dereito e se converta no quinto piar do Estado do Benestar”, reivindicou José Miñones, e solicitou a colaboración dos pequenos concellos para difundir a convocatoria entre a súa veciñanza.
O delegado destacou que o Plan Estatal de Vivenda 2022-2025 abre a oportunidade de camiñar cara un novo futuro para moitos mozos e mozas galegos e supón tamén unha achega moi importante para fixar poboación nos 257 concellos galegos que se benefician da iniciativa.
Dereito á vivenda e reto demográfico
José Miñones puxo de manifesto que “o acceso á vivenda e a revitalización do rural son dous retos que este Goberno asume como prioridades, con decisións políticas, con investimentos e dende a perspectiva da obrigada cooperación entre todas as administración públicas”.
Nese sentido, insistiu en “esixir á Xunta unha xestión eficiente de xeito que non se perda nin un só euro na recuperación de Galicia” porque “a cidadanía merece unha xestión eficaz e transparente, á altura dun tema tan sensible para os cidadáns como é a vivenda.”
As axudas do Plan Estatal permiten subvencionar a compra de vivenda no 82% dos concellos galegos. Concretamente en 87 municipios da provincia de Ourense, 72 da Coruña, 61 de Lugo, e 37 de Pontevedra.
Condicións das axudas
O Programa 5 do Plan Estatal de Vivenda -Programa de axuda ás persoas mozas e para o reto demográfico- da acceso a axudas de aluguer e compra a persoas de ata 35 anos nos concellos galegos ou núcleos que non superan os 10.000 habitantes. O límite de ingresos da unidade de convivencia é de tres veces o IPREM (catro veces no caso de persoas con discapacidade e cinco veces se a discapacidade é severa). A contía da axuda para compra será dun máximo de 10.800 euros co límite do 20% do prezo de adquisición, que non debe superar os 120.000 euros. O domicilio deberá ser o habitual e permanente durante cinco anos.
No caso do aluguer, o inquilino terá cuberta ata o 60% renda mensual, en alugueres de ata 600 euros ao mes ou ata 300 euros no caso de habitacións. Poderá recibir a axuda un máximo de cinco anos e será compatible con bono aluguer xove.
A tramitación destas axudas do Plan Estatal de Vivenda corresponde á comunidade autónoma. No caso de Galicia, a Xunta publicou o pasado 12 de agosto a convocatoria do Instituto Galego de Vivenda e Solo no Diario Oficial de Galicia fixando no día 30 de setembro a finalización do prazo de solicitude. O delegado animou os mozos e mozas a aproveitar a oportunidade.






















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



