Ao que parece, Ribadeo é o pobo máis famoso (máis ‘popular’, din os titulares) de Lugo. Iso din os medios que di a empresa ‘Musement’, que estes días recíbete na súa web ofrecendo xestionarte entradas para museos. Ademais, apuntan o método seguido para a afirmación: o ‘cruce de dados dos concellos’ con menos de 20 000 habitantes de cada provincia, derivados da procura en Google de ‘que ver en’, seguido do nome do concello. Ou sexa, a comparación do número de veces que se procurou para cada concello. Non se sabe, non din, se só se fixo coa pregunta en castelán (cabe a dúbida de se se fixo tamén co inglés, o francés ou o chino, pero non teño dúbida sobre se se fixo en galego ou non) ou se se usaron tamén outras preguntas semellantes. Que na propia páxina da empresa de matriz italiana non dera atopado o tema non deixa de ser unha mera anécdota lateral ó que é a ‘noticia’, pois unha web pode ter páxinas de acceso restrinxido, por exemplo.
Marabilloso. Resulta que Ribadeo capitanea a puntuación de Lugo, logo sería o ‘pobo máis popular’. Acompáñano en Galicia Allariz, Cambados e Betanzos. E iso, que quere dicir?
A falta de criterios doutro tipo, que un pobo sexa cualificado de ‘pobo máis popular da provincia’ quere dicir que … a xente non sabe que ver neses pobos e procura algo en internet para saír do paso? Que non ten que ver cos concellos, aínda que o que se procura son concellos e non pobos? (Por exemplo, en Ribadeo, incluiría todo o concello, é dicir, tamén Rinlo, outro ‘pobo’, dando avantaxe ó pobo de Ribadeo fronte a concellos nos que ‘o pobo’ é único e polo tanto as respostas non aglutinan as doutros pobos). Que os pobos ‘gañadores’ non teñen unha boa difusión da súa oferta? (ó fin, procuran algo que debera ser ofertado polos pobos…). Son só algunhas posibilidades.
Así as cousas, debemos consideralo un trofeo? En Lugo non tería moita discusión: todos os concellos, a excepción da capital, baixan de 20 000 habitantes, co que todos compiten. Pero na Coruña, a máis da capital, quedaría excluída Santiago, o mesmo que Ferrol, e o mesmo que Narón, Oleiros, Arteixo, Ames, Carballo, Culleredo ou Ribeira, entre máis dunha ducia dun total de 93 concellos, capital incluída, o que non é unha porcentaxe baixa de exclusións. Na provincia de Pontevedra, desaparecería como opción Combarro, pertencente a Poio (e diría que tanto ou máis ‘famoso’ como localidade, a pesar do mosteiro da capital do concello), ou as Cíes (tanto por ser illas e non ‘pobo con concello’ como por pertencer ó concello de Vigo, descartado pola súa poboación), mentres Mondariz-Balneario, 2,3 km2, pouco máis de 600 habitantes, ten que competir con Tui ou Sanxenxo, con trinta e vinte veces máis extensión, respectivamente, e trinta veces máis poboación. Coido que se está a comparar cousas que non admiten unha comparación sen máis, co que os números e conclusións resultantes son moi relativos.
A fama é ‘mobile qual piuma al vento’, parafraseando o dito cantado de Rigoletto. E máis en base noticias como esta de ‘pobo máis famoso’ ou ‘pobo máis popular’, á que se lle pode seguir aplicando unha reinterpretación da aria citada, e convir con ela en que “sempre é desgraciado / quen nela confía / quen lle entrega / incauto o corazón!”



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



