Os populares sinalan que “está todo sen rozar, as beirarrúas con herbas e plaquetas esfondadas e o parque infantil descoidado”
Alfoz, 2 de agosto de 2022. Unha das responsabilidades dos gobernos locais é a de manter e coidar os espazos públicos que son de titularidade municipal, é dicir, competencia do Concello. Os populares de Alfoz denuncian, polo tanto, “o abandono do noso pobo por parte do goberno local socialista á vista do vergonzoso estado no que se atopa a capitalidade municipal -A Seara- con todo sen rozar, herba que nace e cubre a metade das beirarrúas que teñen moitas plaquetas arrancadas ou esfondadas e, incluso, co parque infantil descoidado e tamén sen rozar”. Tamén sofren a falta de xestión do goberno local nas distintas parroquias do municipio onde as marxes das estradas están sen desbrozar.
Dende o PP local explican que “as queixas sobre a falta de roza é un comentario continuo entre os veciños de Alfoz” porque “a falta de coidado é evidente. Esta vergonzosa imaxe que da pena é o habitual no noso municipio debido á deixadez e pasotismo do alcalde Jorge Val e o seu goberno”, engaden.
Os populares din que “este abandono do concello non é normal” e pregúntanse “se responde á súa forma de gobernar ou se é a propósito para levarlle a contraria ás persoas que lle reclaman a limpeza do pobo”.
San Cristóbal
Os populares cren que “o pobo e as parroquias deben estar acondicionadas todo o ano para uso e desfrute dos veciños” e, deste modo, “tamén estaría limpo e rozado para a principal festa do concello, o San Cristóbal -tamén coñecida coma Os Chóferes-, unha celebración á que acoden miles de persoas de distintos lugares e centos de vehículos para a súa bendición”.
A este respecto, lamentan que “o alcalde se acordara de que era necesario rozar, pero que agardase ata o último momento, entre o xoves e o venres pasado. E a consecuencia desta falta de planificación é que non se pode limpar todo en tan pouco tempo e as marxes das pistas dalgunhas parroquias seguen sen desbrozar”. Iso supuxo que “os vehículos que participaron na procesión tiveron que parar varias veces cando se cruzaban con outros coches porque coa maleza non podían pasar dous coches xuntos”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



