Unha veciña de Valladolid resultou a gañadora do sorteo da Feira Produart en Burela dunha cesta de peixe doada por Absa e valorada en máis de 500 euros
Burela, 18 de agosto, 2022. Durante a recente edición da Feira Produart vendíanse rifas para participar no sorteo dun lote de peixe valorado en máis de 500 euros e doado por Armadores de Burela. Ana Isabel Carretero foi a persoa agraciada co premio por ter a papeleta co número 0401, que foron as últimas catro cifras do sorteo da Once do domingo 7 de agosto.
“Mercamos unha vivenda en Burela hai un ano e por iso pasamos longas temporadas alí. Estamos encantados da hospitalidade da xente, da gastronomía e sobre todo do clima. A primeira fin de semana de agosto visitamos a feira Produart e mercamos rifas para o sorteo…”, comenta Ana Isabel desde o seu domicilio de Valladolid, onde xa recibiu o lote de peixe do premio.
“Desde a Fundación Expomar felicitamos a Ana Isabel e agardamos que siga gozando do noso pobo durante moito tempo”, indica o presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, que recibiu na lonxa de Burela o lote de peixe do premio de Vicente Quiroga en representación de Armadores de Burela.
Produart seguirá promocionando cada ano os produtos locais, artesanais e tradicionais, e tamén aqueles produtos anovadores que difundan e recuperen a cultura ecolóxica, cunha clara intención de estimular e fomentar iniciativas, recursos e produtos que se atopen no marco da economía sustentable.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



