O secretario xeral do PSdeG, Valentín Formoso, subliñou que a prohibición “carece de rigor científico” xa que os caladoiros galegos un 51% da biomasa nos últimos 15 anos
Burela, 19 de agosto de 2022. O PSdeG iniciou unha recollida de sinaturas polas 63 cofradías galegas contra a prohibición da pesca de fondo da Comisión Europea en caladoiros de toda Europa, pero que afecta singularmente a Galicia. O secretario xeral dos socialistas, Valentín Formoso, puxo a primeira sinatura acompañado do Patrón Maior de Burela e presidente da Federación Nacional de Cofradías e de diferentes representantes dos municipios máis afectados na comarca da Mariña.
Os socialistas comezaron este venres en Burela a súa campaña de recollida de sinaturas contra a decisión da Comisión Europea que prohibirá a un gran número de pescadores galegos traballar nos caladoiros afectados. Tratarán de sumar tamén a outras comunidade afectadas como Asturias, Cantabria ou o País Vasco, e incluso a outros países como Portugal ou Francia.
Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, remarcou que o seu partido “nin entende, nin comparte” o paso dado pola Comisión Europea, indicando que a decisión “carece de rigor científico” e non ten unha avaliación previa do impacto económico e social que terá. A maior preocupación do líder socialista son o gran número de familias que dependen da pesca de fondo e que “ven ameazado o seu futuro”.
Para Formoso non coincide a decisión da Comisión coa realidade dos caladoiros galegos, os cales recuperaron un 51% da biomasa nos últimos 15 anos. Por isto, entende que o sector pesqueiro galego xa estaba actuando con respecto ao medio ambiente e dunha sostible para o ecosistema mariño.
Declarou que a Comisión Europea está “de costas” ao sector e aos países, pero tamén para Formoso, o que é máis perigoso é que tamén actúa “de costas” ao rigor científico. Por estas razóns, a través da recollida de sinaturas iniciada hoxe polos socialistas fan un requirimento, “dende a humildade, pero con determinación”, ao máximo órgano europeo para que cambie a súa decisión, que para os socialistas pode acabar cunha parte moi importante da pesca galega e do norte de España.
DECLARACIÓNS BASILIO OTERO
O presidente de Federación Nacional de Cofradías e Patrón Maior de Burela, Basilio Otero, agradeceu o apoio mostrado por Formoso e polo PSdeG ao sector pesqueiro galego ante o que cualifica como unha decisión “incongruente”. Amosou que non entenden a prohibición da pesca de fondo de calquera tipo, sen diferenciar entre as que teñen maior e menor impacto no medio ambiente. Tamén aproveitou para agradecer o traballo do Goberno central en apoio do sector pesqueiro.
Do mesmo xeito, ao igual que o líder socialista, destacou que a decisión carece de “rigor científico” e dun estudo socioeconómico sobre o seu impacto. Incidiu na responsabilidade do sector pesqueiro no norte de España, que cumpriu os compromisos de rexeneración da vida mariña antes do límite alcanzado. Para Otero xa levan moitos anos traballando con responsabilidade co medio ambiente e con compromiso co desenvolvemento sostible, polo que estas prohibicións son “inxustas”.
A campaña deu inicio coas sinaturas de Formoso e Basilio Otero, pero tamén coa da responsable socialista de pesca no Parlamento de Galicia, Patricia Otero; coa a das alcaldesas de Viveiro, María Loureiro, e de Trabada, Mayra García; a da concelleira de Mar de Burela, María del Carmen López moreno; e a do senador lucense, César Mogo.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.


