Mónica Freire valorou a incidencia desta segunda edición do programa, do que se beneficiaron 25 comunidades de montes e comuneiros particulares
Lugo, 9 de agosto. A deputada de Medio Rural Mónica Freire fixo balance da segunda edición do plan de prevención de incendios “O que non arde”, dirixido ao fomento do pastoreo en terreos de faixas de protección contra os lumes e na súa contorna.
A través desta iniciativa, pioneira no ámbito dunha institución provincial, a área de Medio Rural ofreceu axuda económica ás comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) que apostaran polo pastoreo preventivo para manter limpos de maleza os cortalumes e terreos contiguos, fundamentais para deter o avance de incendios en masas forestais.
A convocatoria beneficiou 25 comunidades de montes e comuneiros e comuneiras a título individual que teñen cedido o uso dos terreos comunais dos concellos de Abadín, Castroverde, Friol, Mondoñedo, O Valadouro, Ourol, Sarria, Viveiro e Xove, que desenvolveron as accións subvencionadas no primeiro semestre do ano.
A maioría das iniciativas financiadas pola a área de Medio Rural -correspondente a 18 beneficiarios- centráronse no aproveitamento silvopastoril de terreos comunais, na maioría dos casos con gando vacún e cabalar, pero tamén ovino e cabrún.
Este pastoreo preventivo, que desenvolveron sobre todo comuneiros e comuneiras dos concellos de Xove e O Valadouro, permitiu o mantemento e a limpeza de 313 hectáreas de monte.
Ademais do aproveitamento silvopastoril inmediato, a través da convocatoria, financiouse a elaboración de plans de silvopastoreo por parte das CMVMC -un documento que será obrigatorio por parte da administración autonómica para poder inscribir os terreos no rexistro público de terreos forestais de pastoreo e solicitar as correspondentes axudas da PAC –, así como investigacións da propiedade e outras melloras organizativas destas entidades.
A deputada de Medio Rural valorou “a incidencia desta segunda edición do plan “O Que NON Arde”, coa que promovemos o pastoreo preventivo en zonas de protección como os lumes. Sabemos que é a mellor ferramenta contra os incendios, pero ademais é unha medida que actúa de xeito integral sobre o territorio e o sector primario, porque supón un apoio económico para a gandería extensiva”.
“A principal ameaza dos nosos montes é o abandono. Debemos ser capaces de fomentar políticas activas de prevención, encamiñadas cara a xestión do territorio e valorización dos recursos dos nosos montes, fundamentalmente dende un punto de vista social. Temos que apoiar á xente que segue activa no rural e que realiza actividades silvícolas e de aproveitamento silvopastoril co seu gando”.
“A gandería extensiva é máis eficiente dende un punto de vista económico, social e medioambiental que as técnicas de desbroce mecánico que se empregan habitualmente nas labores preventivas de limpeza, podendo entrar en zonas de montaña de difícil aceso ou con elevadas pendentes. Temos que recuperar unha xestión mixta e multifuncional do monte, implicando as poboacións locais e dotándoas das ferramentas, medios e incentivos suficientes para reactualizar un modelo que permitía manter os montes limpos no século XIX e mediados do século XX”, concluiu a deputada-
Mónica Freire lembrou que “ademais de poñer en marcha a convocatoria, fixemos un esforzo importante para difundila, buscando a comunicación directa coas comunidades de montes veciñais nas distintas comarcas, para informar sobre a propia tramitación, pero tamén de sensibilizar sobre a necesidade da xestión forestal e da ordenación do monte para a prevención dos lumes”.
Nese senso, a deputada de Medio Rural sinalou que “a xestión e o investimento en prevención debe ir acompañadas desta labor pedagóxica”.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



