Entrade de balde e orientada para público infantil/familiar. Bella e Henry son os mellores amigos do mundo. Xuntos deciden montar un espectáculo de circo na súa pequena cidade, onde Bela asombrará a todos con números de maxia e a axuda de Henry. Pero entón chega Johnny, un novo veciño, con xoguetes caros e unha bicicleta espectacular. Esta proxección chega da man da Vicepresidencia Primeira da Deputación e en colaboración coa área de cultura do concello do Valadouro. En caso de que as prediccións meteorolóxicas non foran as idóneas, a actividade trasladarase ó Salón de actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” do Valadouro.
Regresa a segunda edición de Cine na Rúa ao Valadouro con ‘Bella e o Circo Máxico’, na súa versión en galego e ao aire libre na Praza de Santa María, este domingo, 21 de agosto, ás 21:30h.
Regresa a segunda edición de Cine na Rúa ao Valadouro con ‘Bella e o Circo Máxico’, na súa versión en galego e ao aire libre na Praza de Santa María, este domingo, 21 de agosto, ás 21:30h.
Relacionado
-
Pedro Rolle e Carlos Cornide presentaron este martes o seu libro ‘Flores de Primavera do Valadouro’ na UNED de Lugo
-
A fase intermedia da Copa Deputación celebrarase nos concellos de Alfoz e Valadouro
-
O Valadouro programa unha Lectura dramatizada de textos de Luísa Villalta, homenaxeada este ano 2024 no Día das Letras Galegas