Foz, 16 de agosto de 2022. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, quere agradecer ao Delegado do Goberno, á Subdelegada e ao Xefe Provincial de Costas o compromiso co Concello de Foz. A finais do mes de xaneiro sacouse a información pública o proxecto de Estabilización Medioambiental de Llas e pouco máis de 6 meses despois xa sae a contratación a obra, por 412.000 euros. “O compromiso con Foz estase marcando con feitos, non con palabras ou promesas baleiras”, destaca o rexedor municipal.
A actuación proxectada inclúe a eliminación de especies exóticas e a restauración con autóctonas, a colocación de paneis divulgativos, o encauzamento do afluente central da praia mediante pilotes de madeira para evitar a erosión así como a construción dunha nova pasarela de madeira na zona central da praia e a adecuación do estacionamento situado no final da Rúa do Vicedo.
O prazo de presentación de ofertas finaliza o 20 de setembro deste ano 2022 e a duración prevista das obras é de 12 meses.
O alcalde móstrase moi satisfeito: “a finais do mes de xullo saía a contratación, tamén pola Secretaría de Estado de Medioambiente, o paseo marítimo entre Peizás e a Pampillosa por 1,09 millóns de euros, contrato ao que se suman agora as actuacións en Llas por algo máis de 412.000 euros. Isto anímanos a seguir traballando para conseguir máis investimentos necesarios para Foz. Queremos agradecerlle ao Goberno Central o interese que mostra polas nosas demandas, como no anuncio, de hai só 5 días, de aprobación do proxecto de rotondas en Cangas”.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



