Ribadeo, 17 de agosto de 2022. Na parroquia ribadense de Remourelle tivo lugar a presentación da XV Festa da Carne ao Caldeiro, que terá lugar o vindeiro sábado, 20 de agosto. O evento está organizado pola asociación de veciños A Madanela coa colaboración do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 21-22.
O alcalde en funcións, Pablo Vizoso, subliñou que “dende o Concello colaboramos con esta asociación de veciños de Remourelle e aninamos a gozar deste día en torno a un prato tan recoñecido da nosa gastronomía. A xornada ademais contará conmúsica e deporte tradicionais como o torneo de bolos”.
Desde a asociación A Madanela explicaron que “apostamos pola tenreira galega de calidade con Indicación Xeográfica Protexida, criada nos nosos propios prados, e queremos continuar a promovela. Ao mesmo tempo, o Dúo Estrellas acompañará a xornada coa súa música na sesión vermú e verbena, e ás 17 horas en forma de concerto o grupo de música tradicional Tumba e Dálle”.
E engadiron que “a fin de non esquecer a tradición, na tarde da XV edición da Festa da Carne ao Caldeiro tamén se celebrará un torneo de bolos celtas, este ano en homenaxe a Américo Pérez. Os tíckets estarán á venda ese mesmo día no Campo da Festa, cuberto de toldo, ao prezo de 23 euros (inclúen empanada, pementos de Padrón, carne ao caldeiro con cachelos, queixo con marmelo, bebida e café)”.
No acto de presentación que tivo lugar esta mañá en Remourelle participaron varios representantes da asociación de veciños A Madanela, así coma concelleiras e concelleiros na Corporación Municipal de Ribadeo.
Xa ao día seguinte terán lugar as festas de Remourelle na honra de Santa María Magdalena, amenizada tanto na sesión vermú como na verbena pola Orquestra Supremos.
A Asociación de Veciños A Madanela, de Remourelle, agradece a colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22, e a todos os establecementos comerciais, empresas e veciños e veciñas que fan posible a celebración destas festas estas festas.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



