Ribadeo, 1 de setembro de 2022. Acisa fai un balance positivo de agosto, no que a ocupación hostaleira se situou no 95% de media. O pasado foi un bo mes sobre todo para a hostalería.
A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Carmen Cruzado, subliñou que “este foi o primeiro verán de normalidade, tras os dous anteriores que viñeron marcados pola pandemia da covid. Os datos que nos pasan os hostaleiros locais apuntan a que o mes de agosto foi moi bo. Hai que lembrar que no 2019 e nos anos anteriores as ceas practicamente desapareceran dos restaurantes e este verán houbo locais que estableceron dúas quendas para as ceas e outras dúas ou máis para as comidas. En liñas xerais o de 2022 foi un gran verán para Ribadeo. E aínda queda setembro, que cada vez nos trae máis xente. Pero hai que ter en conta tamén que os gastos para o sector hostaleiro e comercial incrementáronse moito nos últimos meses. Iso hai que telo presente, a inflación está aí, o prezo da luz, etc… ”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “a ocupación hostaleira de media en agosto estivo no 95%. Hai que destacar que houbo algúns hoteis que estiveron completos durante todo o mes. E no caso do comercio, dependendo dos sectores, en xeral agosto foi bo. As cifras de negocio melloraron na hostalería e hai casos nas que superaron os datos acadados en 2019. No tocante ao comercio mantéñense nos niveis do ano pasado en liñas xerais. Tamén temos socias e socios que nos comentan que foi un moi bo verán”.
A presidenta de Acisa sinalou que “as prazas para acceder á praia das Catedrais completáronse moitos días en agosto. Volveron as excursións organizadas. Non podemos esquecernos do Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo e que cada vez rexistra unha maior afluencia de peregrinos. Recuperouse o turismo estranxeiro procedente de Francia, Italia, Alemaña e Portugal, sobre todo. E cada vez recibimos máis turismo nacional que fuxe das olas de calor, que busca poder respirar, gozar dunha grande paisaxe e saborear unha exquisita gastronomía”.
Sobre as expectativas para setembro o xerente de Acisa comentou que “sempre soe ser un bo mes para Ribadeo, cun tipo de turismo totalmente diferente ao de agosto. Trátase de visitantes que buscan a tranquilidade do mes que hoxe iniciamos”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.


