O Grupo Municipal Popular esixirá explicacións ao alcalde sobre a retirada deste distintivo de calidade ao considerar que “prexudica á nosa vila a nivel turístico e económico”
Burela, 7 de setembro de 2022. Os populares bureleses lamenta, unha vez máis, “a falta de solvencia do goberno socialista de Burela” tras comprobar que “as praias da nosa vila xa non dispoñen de bandeiras azuis dende o día 1 de setembro, cando a concesión deste distintivo de calidade comprende ata finais de setembro e, polo tanto, aínda ondean nos areais doutros municipios”. O Grupo Municipal Popular, na súa labor de fiscalización, pedirá explicacións ao alcalde sobre a retirada deste distintivo de calidade, “un despropósito” que “prexudica a Burela e aos nosos veciños”.
O voceiro, Manuel Rouco, explica que “se ben a calidade da auga este verán foi excelente, foron moitas as irregularidades cometidas polo goberno socialista do señor Llano en relación aos equipos a pé de praia para que os socorristas puideran atender en condicións óptimas aos bañistas”.
Así o explica despois de comprobar as “lamentables condicións nas que se atopan as instalacións, os EPIS, equipos ou insumos de atención sanitaria que deberían figurar na dependencias a pé de praia: ou son insuficientes ou estaban caducados ou en mal estado ou, simplemente, non existen. A isto hai que sumar que os baños públicos habilitados na Marosa e no Portelo non estaban nas mellores condicións debido a que non se limpaban tódolos días e sufrían atascos continuos nalgúns casos. Incluso, chegou a rexistrarse algún incidente con estas instalacións xa que un usuario se quedou pechado dentro”.
Rouco considera que “a ineficacia” do goberno local “supón un prexuízo económico e turístico para a nosa vila”, aínda que “somos conscientes de que ao goberno de Llano pouco ou nada lle importa isto, tal e como ten demostrado noutras ocasións”. O popular lamenta que “aos concelleiros socialistas lles chegue con facer a foto de rigor ao comezo do verán izando as bandeiras azuis. Parece que con iso xa dan o seu traballo por cumprido”.
Este non é o primeiro problema que o goberno do Concello de Burela protagoniza este verán en relación a este distintivo de calidade. “A bandeira azul izada ao comezo desta campaña estival non era a oficial, senón unha raída e gastada de varias temporadas anteriores; porque non fixeran os deberes e non contaron coas oficias a tempo como si fixeron outros Concellos. Os socorristas foron contratados unha semana máis tarde do debido e o Concello tampouco logrou completar as prazas dispoñibles xa que as condicións ofertadas polo goberno local non eran o suficientemente atractivas para estes profesionais. Os populares aseguran a este respecto que “houbo titulados en socorrismo anotados na oficina de emprego de Burela ao longo deste verán”.
Incapacidade de xestión do goberno socialista
Rouco considera “gravísimo que un goberno dun Concello coma Burela poña en perigo un distintivo de calidade que custou tanto obter, única e exclusivamente pola súa mala praxe”. Así mesmo, lamenta que “sexan os veciños da nosa vila os que sufran as consecuencias da incapacidade de xestión que o goberno socialista de Burela amosa nas súas diferentes actuacións”.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



