“Semella que o goberno de Ribadeo avanza na dirección contraria aos intereses do Partido Popular”. Estas son as últimas declaracións da concelleira de Obras e Servizos Sociais. Nós preguntámonos se o goberno do BNG sabe realmente en que dirección avanza. Quizais retroceda e nin se percaten. Cada un anda ó seu. Cada día máis nerviosos e máis divididos.
Tres anos. Levamos practicamente unha lexislatura de intenso traballo e xestión. Nós constantemente apostamos polo acordo dentro da Corporación Municipal. Durante toda a lexislatura levamos propostas ós plenos. Propostas de impulso económico coma a rebaixa do prezo do solo industrial, reactivación dos diferentes sectores ou impulso no rural, melloras medioambientais… e un longo etc. que se recolle nas diferentes mocións que presentamos. Cal foi o voto do BNG? NO, NO, NO… UN NO CONSTANTE. Son vostedes os incapaces de representar os intereses dos veciños e veciñas… Nós si propoñemos, sra concelleira. Nós somos perfectamente capaces de achegar propostas. De feito xa o fixemos e o seguimos facendo. Aí está a documentación. Comprenderá vostede que non temos motivos para estar nerviosos. Nada temos que esconder. Nós non precisamos recorrer ó insulto nin a descualificacións como fan vostedes. Porque dito sexa de paso, moito lles preocupa o portavoz deste grupo municipal! Moito lles quita o sono! En calquera caso, moi elegante e democrática estratexia a súa. Dende logo, moi acertado o seu artigo “Non todo vale en política”. Ó final vai ser verdade que non saben por onde andan…
Efectivamente: “non todo vale”. O voceiro deste grupo municipal non cobra como un Ministro do Goberno. Cobra exactamente igual que un deputado do BNG. Claro que se vostede non está de acordo cos soldos do BNG é unha cuestión que deberían arranxar entre vostedes. Pola nosa parte, o mesmo ca vostede, tamén poderíamos caer na demagoxia e preguntarlle polos seus privilexios na Deputación; pero, por suposto, tampouco o vamos facer.
Efectivamente: “non todo vale”. Non vale mentir. Moito lles molesta a rehabilitación do CEIP Gregorio Sanz, pero nós repetímolo alto e claro, XESTIONOUNA ESTE GRUPO MUNICIPAL E FOI SUBVENCIONADA CON FONDOS QUE ADMINISTRA A XUNTA DE GALICIA (1.000.000€). O goberno do BNG o único que fixo foi poñer paus nas rodas dende a substitución do montacargas. Se por vostedes fora, non había nin ascensor, pese a ser unha obra de primeira necesidade posto que había alumnado que o precisaba! ¿Non se dan conta que foron a rebufo toda a lexislatura? Non escoitan ós veciños nin ós colectivos e iso failles ir a rebufo.
Efectivamente: “non todo vale”. Non vale falsear. Simplemente con escoitar e traballar pódese xestionar moita inversión en beneficio dos veciños… ou polo menos intentalo! Claro que este grupo xestiona máis que o goberno. Demostrase con cifras. Xa sabemos que lles molesta, pero é a realidade. Canto xestionou vostede e o seu goberno? Cifras, sra. Concelleira… CIFRAS!
Efectivamente: “non todo vale”. Non vale enganar. Ante unha ausencia de proxecto, o máis doado é intentar enganar ós veciños. Na carretera dos garitos puideron solicitar o Plan Hurbe para levar a cabo a obra, o mesmo que na rúa Pintor Fierros. Por que non o fixeron? Seguramente porque xa non ían poder poñer carteliños de pipas, donuts e snacks variados. E claro, unha vez que rematasen as obras, visitaríanos a conselleira para a súa inauguración. Ese é o problema! Que a Xunta inaugure unha obra!
Efectivamente: “non todo vale”. Non vale suplantar. Nós levámonos ben con todas as administracións porque, como servidores públicos, o mesmo ca vostedes, estamos na obriga de xestionar orzamento de todas en beneficio dos veciños. Non soamente é ir ocupar asentos nas primeiras filas e sacar fotos en actos que nós respaldamos economicamente. A onde pensa que os conduce esa confrontación continua? A ningures, sra. concelleira. Esa confrontación xa ninguén a quere nin a cre. Quedou tan obsoleta e caduca coma quen a practica.
Efectivamente: “non todo vale”. Non vale traizoarse. Nós non o sabemos todo, pero traballamos con ilusión. Vemos un goberno do BNG esgotado e temos proxectos, ganas de traballar e amor polo noso pobo. Non se molesten nin intenten provocar porque non vamos recorrer ó insulto nin á confrontación. Tampouco vamos recordar actitudes do seu xefe en Rinlo ou na Estación de Autobuses. Se non é coñecedora, pregúntelle a el ou a calquera dos veciños que foron testemuñas. Di vostede que na política tampouco vale a hipocrisía, a falacia e a falta de integridade. Aplíquese o conto… máis humildade e máis honestidade, sra. concelleira… MÁIS HUMILDADE!
Notamos que vostede está molesta por algunha verdade que dixemos. Vostede é concelleira do goberno e nós observamos que pasa máis tempo na Deputación que en Ribadeo. Estando en Lugo, mal se pode facer aquí o traballo. Somos coñecedores de que se envía o traballo a distancia por medio de mensaxes. Apostamos que non coñece a maioría dos barrios nin as parroquias. O que si podemos confirmar é que a vostede non a coñecen. Esa é a realidade. Moleste a quen lle moleste. Sabe cal é o problema? Que a enfermidade do ego estendeuse sen volta atrás por todo o BNG. E vostede non debía estar vacinada porque a colleu de cheo!
Mire: cando hai traballo, os números falan. Nós dende a humildade escoitamos a todos os veciños e veciñas e dende esa mesma humildade lles trasladaremos a inversión que lideramos nesta lexislatura. Inversión sen insultos nin confrontacións. E como sempre dicimos nós, non vostedes, seguiremos escoitando ós nosos veciños e veciñas a pesar de que ó BNG non lle guste.
Daniel Vega, voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



