A directiva saída do congreso incorpora algún mozo e combina xuventude con experiencia
O Vicedo, 24 de setembrode 2022.O PP de O Vicedo celebrou o seu congreso local e á súa fronte, en calidade de presidente, sigue Jesús Novo, veterano alcalde deste municipio.Na directiva popular figuran tamén Francisco Javier García Lago, José Ángel Canoura Iglesias, José Miguel Pérez Solloso, José Trasancos López, Vicente Riveira Calvo, Antonio Polo Calvo, Juan José Ruiz-Giménez Vieira, José Carreja Riveira, María Pilar Otero Insua e Jonathan Fanego Fernández. Ao congreso asistiron membros da directiva provincial do PP.
Novo, veterano presidente do partido e alcalde de O Vicedo, sinala que o seu obxectivo é seguir avanzando en proximidade aos veciños, para formar parte da solución dos seus problemas. Sempre, indica, coa disposición a sumar que é emblema do Partido Popular, e, polo tanto, buscando a forma de estar cada día máis cerca dos cidadáns. En canto aos nomes que o acompañan ao fronte do PP local, Jesús Novo, destaca o feito da incorporación dalgún mozo. Precisamente, este será un dos seus obxectivos á fronte do PP local: conseguir a incorporación ao partido de rapaces e rapazas, que sexan a garantía do futuro desta organización política no municipio.
Novo sinala: “A apertura do partido foi sempre e sigue sendo unha das miñas pretensións. Creo que ata agora o conseguimos, pero aínda temos posibilidades de mellorar neste aspecto, e farémolo practicando aínda máis a escoita activa”.
Coa vista posta nas próximas eleccións locais, Jesús Novo indica que o partido traballará e reforzarase para intentar mellorar os resultados conseguidos en 2019 e ampliar aínda máis se é posible a maioría absoluta que ten o PP no Concello de O Vicedo. “Neste Concello os cidadáns confían no Partido Popular e estaremos á altura da confianza depositada en nós”, sinala Novo. Indica tamén que o PP de O Vicedo quere colaborar para que o partido chegue a gobernar na Deputación, a partir das próximas eleccións locais, e impulsar, cando cheguen as xerais, a Feijóo á presidencia do Goberno de España.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



