Foz, 2 de setembro de 2022. Máis de 16.800 persoas visitaron as oficinas de turismo de Foz durante os meses de xullo e agosto pasados, o que supón un aumento considerable respecto aos anos anteriores.
O concelleiro de Turismo, Chema Linares, manifestou: “concluído agosto toca facer balance da tempada turística. Seguimos a manternos como un dos referentes turísticos da comarca da Mariña, así o testemuñan os datos manexados polo Concello, no que, un ano máis, a poboación triplicouse no verán recuperando a afluencia dos anos pre pandemia. Tres datos podemos destacar: aumento considerable das visitas con respecto aos anos precedentes, aumento dos visitantes estranxeiros e aumento das pernoitas”.
Chema Linares engadiu: “apreciouse un aumento significativo das visitas entre a oficina de turismo e o punto de información do centro de interpretación da Basílica de San Martiño, con máis de 16.800 persoas que se achegaron para visitar a Basílica ou solicitar información sobre os nosos recursos turísticos, roteiros, e actividades culturais, así como de aloxamento e restauración. Esta afluencia de visitantes supón un incremento dun 23 por cento co respecto o ano anterior. Predomina o turismo nacional, cun 93,5 por cento, tendo visitas de todas as comunidades autónomas, pero destacando Galicia, cun 28 por cento, sobre todo de Lugo e Coruña; seguido de Madrid, con máis dun 27 por cento; Castela-León cun 13,23 por cento; así como Asturias, Castela-A Mancha, Andalucía ou Pais Vasco, entre outras. Respecto o turismo estranxeiro, temos visitantes de todos os continentes, destacando Francia, Alemaña, Portugal e Reino Unido, que aportan o groso dos visitantes, aínda que se achegaron tamén dende Arxentina, Colombia, Chile, Israel, Corea del Sur e India. O porcentaxe de estranxeiros mantense por riba do 6,5 por cento, cun lixeiro aumento”.
O edil de Turismo destaca que “o balance non pode ser máis positivo, constatando unha tendencia á alza e consolidando Foz como destino, sobre todo familiar, moi valorado e que ofrece un amplo abanico de posibilidades tanto culturais como lúdico deportivas para todas as idades, cunhas das mellores praias da Mariña e un rico patrimonio cultural e natural. A Basílica de San Martiño estase a converter nun foco de atracción fundamental, como así indican os datos, chegando no mes de agosto a ter ata 500 visitas diarias e superar as do mesmo mes do ano anterior en máis de 2.700 persoas. Hai que destacar tamén a crecente aumento dos peregrinos que están a realizar o Camiño do Mar”.
Linares comentou tamén que “a estes bos datos de afluencia neta de visitantes hai que engadir que a ocupación hostaleira rozou o 96 por cento, chegando nalgúns días ao 100%, sobre todo no mes de agosto, e que Foz continúa sendo un dos concellos da comarca que se mantén como referente de segundas vivendas e de alugueiros turísticos. Hai que sinalar tamén que as pernoitas das persoas que nos visitaron aumentaron en máis dun 5% con respecto o ano anterior, algo moi positivo de cara a consolidar Foz como un destino non só de paso senón tamén de estancia”.
Para rematar o concelleiro de Turismo engadiu: “podemos afirmar que a tempada estival transcorreu sen incidentes significativos e con escasa ou nula incidencia da Covid, o que permitiu que a hostalería puidera funcionar con total normalidade. O noso agradecemento para os traballadores das oficinas de turismo, que estiveron abertas durante os meses de xullo e agosto de mañá e tarde e fins de semana e que foron moi ben atendidas polo persoal contratado ao efecto, así como aos socorristas e auxiliares polo seu labor de control e vixilancia das praias”.



























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



