Ribadeo, 8 de setembro de 2022. Este domingo, 11 de setembro, celebrarase no Mercado dos Domingos unha nova edición do Día do Produto Local, unha xornada para poñer en valor a compra e o consumo dos produtos de proximidade.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explica que “por este motivo, ao longo da mañá do domingo, ademais da venda directa dos produtores e produtoras que forman parte habitualmente deste mercado, terán lugar unha serie de actividades para todos os públicos”.
O edil ribadense conta que “arredor das 11da mañá haberá unha exposición, da man do CEFEA Pedro Murias, na que se amosarán as diferentes variedades de tomates, pementos e cabazas cultivadas no propio centro para despois disfrutar dunha degustación dos mesmos. Aprenderemos tamén un pouco máis sobre cultivos e os coidados nunha actividade para todas as idades, que se levará a cabo nun mini horto e onde se pretende que se aprendan os principais coidados que precisa”.
A música tamén estará presente no Día do Produto Local: “para animar a xornada, haberá coma sempre música de mercado, esta vez con ritmo de country e folk norteamericano da man de Hoot ´n Holler”.
Vizoso Galdo subliña que “coa celebración do Día do Produto Local quérese resaltar a gran importancia de comprar e consumir produtos de proximidade, que ademais de aportarnos unha alimentación saudable é unha maneira de contribuír a incrementar a sostibilidade e o desenvolvemento da nosa contorna”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local asegurou que “non hai mellor forma de facelo que convertendo a Praza de Abastos nun auténtico escaparate dos mellores produtos como se fai neste mercado, que xa é un referente da nosa zona”.























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



