Na mesma liña, no PP avanzan que queren axudas da Deputación para as empresas, “axuda que non viron ata agora fronte aos elevados custos de produción e a conseguinte caída da competitividade, que leva algúns a pensar incluso en perder postos de traballo
Lugo, 19 de setembro de 2022. Ao presidente da Deputación, o socialista José Tomé, gústalle a película Lo que el viento se llevó, sen dúbida unha das xoias do cine. O malo é que a xestión de Tomé á fronte da Deputación está a conseguir que Lugo sexa unha provincia á que se pode aplicar o título de tal peza cinematográfica. O portavoz do PP na Deputación, Javier Castiñeira, di que no grupo provincial popular néganse “a pensar que a provincia de Lugo é a provincia de Lo que el viento se llevó do presidente da Deputación, o socialista José Tomé”. Engade: “Non queremos que se nos vaian as industrias a causa da política enerxética do Estado, non queremos que as estradas estean no estado que están a día de hoxe; queremos ter unha autovía en A Mariña, unha na zona sur da provincia e que melloren os prazos da autovía Lugo-Santiago”.
Castiñeira di: “Na provincia de Lo que el viento se llevó do señor Tomé as entradas provinciais son unha dificultade para todas as persoas que viven no rural. O señor Tomé non quere recoñecer que fracasou a súa política de estradas; non queremos unha provincia que se identifique co título Lo que el viento se llevó por causa da conxelación do plan Único, debido a que todos eses concellos pequenos que esperaban máis cooperación en época de crise o único que viron foi a conxelación do importe do Plan Único”.
Os populares queren unha provincia moderna, cun goberno moderno que teña en conta a situación real. E para iso, “o primeiro é combater a inflación que está prexudicando ás nosas familias, aos nosos veciños, que teñen dificultades coa cesta da compra”. No PP din que os empresarios “non viron axuda da Deputación de Lugo fronte aos elevados custos de produción e a conseguinte caída da competitividade, que leva algúns a pensar incluso en perder postos de traballo”.
Castiñeira avisa: “No PP ofrecémonos de novo para traballar de forma conxunta. Pero que non conten con nós para que Lugo sexa a provincia de Lo que el Viento se llevó. Queremos unha provincia próspera, con oportunidades para os nosos concellos, con capacidade para dar mellores e máis servizos porque a Deputación lles axuda e non fai política discrecional segundo a cor política”. Engade: “Queremos unha provincia con infraestruturas adecuadas e non cheas de fochancas; o PP ofrécese para traballar nos orzamentos, pero non para que voen as ilusións dos nosos cidadáns como no título desa película que tanto lle gusta ao señor Tomé”.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



