Os populares lamentan as manifestacións do presidente da Deputación e de membros do seu goberno na última sesión plenaria e esperan que rectifique e que presenten a correspondente denuncia se coñecen algún caso no que fagan tarefas para particulares
Lugo, 28 de setembro de 2022. O PP demandou no pasado pleno provincial unha maior implicación da Deputación nos Grupos de Emerxencias Supramunicipais. No debate, o presidente, José Tomé, e os portavoces socialista e nacionalista incorreron en agravios aos profesionais deste servizo. Por iso, o portavoz do PP na Deputación, Javier Castiñeira, quixo facer chegar onte, dende Friol, o total respaldo dos populares aos traballadores dos GES, así como a plena confianza na súa profesionalidade.
Castiñeira explica: “No día de hoxe acercámonos ao Concello de Friol e xunto co alcalde, José Ángel Santos, visitamos ás instalacións do GES neste municipio. Quixemos mostrar aos membros deste Grupo de Emerxencia Supramunicipal, recentemente montado, o noso apoio e a máxima confianza; apoio e confianza a eles e a todos os membros dos GES da provincia. Lamentamos que no debate de onte da moción presentada polo PP para pedir máis implicación, o goberno (PSOE e BNG) e, especialmente o presidente Tomé, puxeran en dúbida a profesionalidade destes grupos”. Sinala: “Pedimos unha rectificación inmediata por parte do presidente, que insinuou que os GES non están dedicados todo o seu tempo ás súas atribucións e que incluso fan traballos a particulares. Lamentamos estas manifestacións do presidente e esperamos que corrixa ou, en todo caso, denuncie se coñece algún caso no que se faga tal cousa. No PP entendemos que iso é unha ocorrencia máis do presidente da Deputación, ao que se ve excesivamente alterado nestes últimos días”.
O portavoz popular destaca que “o presidente Tomé acusou aos GES de falta de formación, o que significa que descoñece totalmente como funcionan”. Castiñeira declara: “Ademais de inaceptables, as declaracións de Tomé son totalmente falsas, sen fundamento ningún, e demostran o nulo coñecemento do servizo público que están a prestar estes grupos, moi especialmente nas zonas rurais, onde moitas veces son os primeiros en acudir á chamada do 112, procedentes de domicilio nos que hai persoas que precisan axuda; axudas de todo tipo se están a cubrir, dende eliminación de niños de velutinas a accidentes de tráfico, incendios e todo tipo de emerxencias”.
Os populares indican que, despois do pleno do martes, xa saben “porque Tomé non se compromete coa modernización dos GES (como fixeron noutras provincias), a Xunta de Galicia e os concellos que son base de GES, como é o de Friol”. Engade: “Sabemos que é un problema de falta de coñecemento do servizo e de que o señor Tomé cumpre ordes do señor Formoso, presidente da Deputación de A Coruña, que tampouco se comprometeu con estes grupos e a súa modernización”.
Pola súa parte, o alcalde de Friol, José Ángel Santos, deputado provincial que defendeu na Deputación a moción popular, sinalou hoxe: “Demandamos xestión ao presidente da Deputación. Despois de tres anos de estar de vacacións, só pedimos que vele polos intereses e pola mellora dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais, formados, profesionalizados e necesarios para o día a día da convivencia entre veciños e para que estean protexidos fronte ás emerxencias, con tempos de resposta minimizados comparados cos dos parques de bombeiros que abarcan zonas moi amplas”. Manifestou tamén: “Estes grupos están máis próximos ao día a día da poboación, polo tanto o tempo de resposta é o mínimo, menos incluso dunha media de vinte minutos que é o que demanda a Lei de Emerxencias”.
Os populares, di José Ángel Santos, demandan “ao señor Tomé implicación e colaboración para que os GES teñan melloras no ámbito laboral e nos medios para que poidan facer o seu traballo da maneira máis eficaz posible, para atender aos veciños”. Santos resume: “É precisa implicación, colaboración e xestión do señor Tomé, algo que ata agora non fixo e que reclamamos que faga neste final de mandato”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



