A lingua é palabra de amor, de pesar e pensar, de verdade, é forza, identidade, cultura, historia, irmandade, pobo…
Xoxe, 29 de setembro, 2022. Nos últimos anos a poboación galego falante descendeu notablemente e para evitar que unha lingua desapareza hai que crear as condicións propicias para que quen a fala a siga usando, se sinta “orgullosos” dela e a ensine aos seus fillos e fillas, así o recomenda a subdirectora de Cultura da UNESCO, Françoise Rivière.
Tamén desde a UNESCO alertan do perigo do “bilingüismo pasivo” termo que alude a que nenos e nenas entendan a súa lingua materna, pero non a falen.
É ademais necesaria a utilización dunha linguaxe non sexista que valora por igual a homes e mulleres, xa que serve de ferramenta para sensibilizar en igualdade e de modelo de reflexión.
Por outra banda, o comercio local precisa tamén apoios para a súa subsistencia ante unhas condicións cada vez máis adversas.
INFORMACIÓN SOBRE O OBRADOIRO
Por todo o anterior O Concello de Xove a través do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local ven de deseñar unha campaña para fomentar o uso do galego non sexista no comercio do municipio continuando as xa realizadas desde 2013. Subvencionada pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O obxectivo final é dar ferramentas para crear as condicións propicias para que o comercio local cumpra a súa responsabilidade: ser atractivo e poñer en valor e á vista as fortalezas coas que conta. SIMIL: lingua galega/lingua galega non sexista/comercio local
O obradoiro de Obradoiro de escaparatismo en galego está impartido por Jesús Atadell (de El Chipe). Deu comezo esta semana e desenvolverase na Aula de Formación do Concello de Xove todos os luns e mércores ata o 31 de outubro en horario das 20:30 ás 22:30 h.
Trátase dunha formación de caracter eminentemente práctico na que participan 11 persoas pertencentes a establecementos locais que traballan a maneira de colocar o seu produto de forma orixinal, creativa e innovadora procurando chamar a atención da clientela, así como a adaptación do escaparate a cada tempada. Ademais están a artellar o desenvolvemento dunha campaña conxunta de promoción dun Nadal en galego, no que o idioma teña un papel central.
Por outra banda, foméntase o emprego do idioma galego non sexista tanto durante o obradoiro coma nas relacións comerciais diarias e o alumnado xa está a artellar ideas para o desenvolvemento dunha campaña denominada Nadal en galego que reflicta desde os escaparates comerciais do municipio o importante papel do idioma e o apoio mutuo.






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



