Desde o Concello promoven o exercicio físico para persoas maiores destacando os múltiples beneficios dun envellecemento activo e agradecen a resposta positiva ante esta aposta do goberno
Burela, 9 de setembro de 2022. O Concello de Burela abre o prazo o vindeiro 12 de setembro para o programa de envellecemento activo destinado a persoas empadroadas de máis de 60 anos. Integrado nas Escolas Deportivas, o curso comezará o luns 19 de setembro e finalizará o mércores 14 de decembro, dando continuidade ao realizado antes do verán polo seu éxito entre os veciños.
As persoas interesadas teñen de prazo máximo ata o 14 de setembro para presentar a ficha de inscrición na actividade, debendo entregala na Casa do Concello en horario de 8 a 15 horas. A adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición, tendo prioridade os usuarios e usuarias que xa participaron no primeiro ciclo do curso.
O programa porase en marcha dúas horas á semana organizadas en dous grupos de 20 persoas como máximo, impartindo as clases o técnico de deportes do concello, Iván Cao Lucas. A cuota de inscrición é de 6 euros ao mes.
A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, explicou que “damos así continuidade ao primeiro ciclo impulsado antes do verán, que tivo unha resposta moi positiva e que permitirá deste xeito ofrecer a máis persoas maiores esta actividade”, destacando os “beneficios que conleva a moitos niveis, non só de saúde física e envellecemento activo senón tamén de socialización e contacto coa comunidade”.
Pola súa banda, o edil de Deportes, Ramiro Fernández, animou “aos maiores de 60 a que se anoten nesta actividade e fagan un pouco de exercicio semanal, o cal repercutirá moi positivamente na súa saúde tanto física como mental”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



