O Concello asume a titularidade da vía e terá a responsabilidade da súa conservación e mantemento
Compostela, 6 de outubro, 2022. O Consello da Xunta autorizou hoxe o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello do Valadouro da estrada LU-163 na súa totalidade, xunto co seu dominio público viario asociado.
O Concello do Valadouro solicitou a cesión de titularidade do treito urbano da estrada autonómica LU-163 co fin de poder realizar o arranxo do desaugadoiro da fonte pública situada no seu punto quilométrico 0+850.
A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de executar unha rehabilitación do pavimento da estrada LU-163, na que se investiron 48.331,13 €, previa a este cambio de titularidade, coa que se repararon os puntos nos que o firme estaba deteriorado e se dispuxo unha capa de rodaxe con microaglomerado.
O treito obxecto da transferencia ten a consideración de urbano aos efectos da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.
Este tramo, comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 1+380, correspóndese cun resto de 1.830 metros de lonxitude da actual LU-162, cuxo tráfico é local.
A transferencia tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que estable a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.
Co cambio de titularidade aprobado hoxe polo Consello da Xunta, o Concello terá a competencia para actuar nesta vía e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.
O decreto aprobado hoxe polo Executivo autonómico producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



