O Grupo Municipal Popular vén de solicitar por escrito unha copia do plan de seguridade da obra porque dubidan de que “a obra cumpra a normativa vixente en relación á súa sinalización”
Burela, 21 de outubro de 2022. Os populares de Burela condenan que “o goberno do señor Llano non tivese adoptado medidas para facilitar o acceso ás vivendas e negocios da rúa Rosalía de Castro en condicións de seguridade dende o momento do inicio das obras que promove á altura do parque”.
O voceiro, Manuel Rouco, sinala que “o alcalde recibiu esta semana aos comerciantes afectados polas obras despois de que eles mesmos solicitaran unha reunión porque, a pesar de que pasa pola zona tódolos días, aínda non se dignara a falar con eles; a pesar das numerosas queixas públicas dos propietarios de comercios, negocios e veciños e veciñas que temos trasladado tamén dende o Grupo Municipal Popular”.
“A pesar de que estas medidas chegan tarde porque tiñan que estar en marcha dende o mesmo inicio das obras”; o popular agarda que “o alcalde cumpra co que lles prometeu agora: variar o sentido de circulación na rúa de Nosa Señora do Carme e facilitar o acceso para os veciños dos edificios lindeiros á obra con estruturas de acceso aos portais e aos comercios; ademais da presenza da policía local”.
Rouco lamenta que “ata o de agora o goberno local socialista permanecera impasible ante os efectos da súa mala planificación das obras sobre a economía dos negocios da zona e na seguridade dos veciños e veciñas. Pouco ou nada lle importaron o descenso salvaxe na facturación dos comercios que chegan incluso ao 70 ou 80% dende o inicio das obras segundo os afectados ou as numerosas caídas de viandantes que se produciron no entorno das obras”, segundo manifesta o popular.
Copia do plan de seguridade
O Grupo Municipal Popular vén de solicitar por escrito, neste sentido, unha copia do plan de seguridade da obra porque os populares dubidan de que “a obra cumpra a normativa vixente en relación á súa sinalización”. Nese sentido, advirten que “de producirse algún incidente, podería supoñer un problema grave para o Concello como promotor da obra”.
O PP de Burela mantense en permanente vixilancia ante “o desgoberno e a improvisación por parte do goberno do señor Llano que non ten en conta aos veciños e veciñas de Burela”. E, estes días, están a manter un contacto constante cos comerciantes, veciños e veciñas da rúa Rosalía de Castro afectados polas obras.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



