Viveiro, 09 de outubro de 2022. No pasado mes de agosto do ano 2019, aprobamos por unanimidade de todos os grupos políticos desta Corporación unha moción de Por Viveiro para o impulso do PXOM do noso concello. Na mesma ademáis de solicitar as reunións de seguemento do PXOM de Viveiro, indicábamos:
Viveiro atópase nunha situación urbanística que non pode continuar por máis tempo. O noso Concello está perdendo o tren do crecemento e a rehabilitación urbana, tren no que si que se atopan concellos do noso entorno.
No ano 2006, suspendéronse con acerto as Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal de Viveiro, que levaban ao noso Concello a un crecemento desproporcionado e completamente desordenado. As normas realizadas no ano 1978 provocaron a situación na que nos atopamos na actualidade.
O Decreto 102/2006 coas modificacións introducidas no Decreto 89/2010 rexen na actualidade o urbanismo de Viveiro. Estas normas están configuradas de forma temporal, mentres non se aprobaba o PXOM por parte do noso Concello.
Dende a aprobación do Decreto 102/2006 pasaron nada máis e nada menos que 13 anos, tempo político, no que se realizou a aprobación inicial do PXOM o 14 de abril de 2011. Esta aprobación inicial supuxo a apertura dun período de alegacións, foron moitas as veciñas e veciños, que presentaron alegacións que a día de hoxe 8 anos despois, seguen sen resposta. A resposta ás alegacións é de obrigado cumprimento para poder chegar ao seguinte paso de aprobación provisional do PXOM, e aínda está pendente.
Durante os últimos anos, primeiro as trabas da Dirección Xeral de Patrimonio e logo as de Augas de Galicia, xunto con certo desinterese do Goberno Municipal, “retrasaron” a aprobación provisional do PXOM.
Son moitas as veciñas e veciños, que viron durante estes anos truncados os seus desexos de utilizar as súas parcelas para os usos urbanísticos habituais.
Temos que lembrar, que no ano 2019, para poder continuar coa tramitación do PXOM, estaban pendentes os informes favorables de:
-Augas de Galicia (Gobernada polo PP)
Axencia Galega de Infraestructuras AXI (Gobernada polo PP)
Deputación de Lugo (Gobernada polo bipartito PSOE-BNG)
En agosto do ano 2020, voltamos a presentar a mesma moción, solicitando novamente unha reunión da comisión de seguemento do PXOM, que novamente se volveu a aprobar por unanimidade.
En setembro do 2021, UN ANO DESPOIS, a AXI recibiu ao Concello en Santiago, co obxectivo de aclarar o trazado da variante de Viveiro, a reunión parecía inicialmente fructifera, ata que en marzo deste ano 2022 o seu informe sobre o PXOM foi desfavorable, o que truncou novamente o proceso de aprobación.
A día de hoxe, en outubro do ano 2022, xa pasaron 16 ANOS DENDE A SUSPENSIÓN DAS NORMAS URBANÍSTICAS DE VIVEIRO e a aprobación do primeiro dos decretos provisionais, e a súa modificación posterior no 2010. Dende aquela todo sigue igual, e o concello nin sequera lle propuxo á Xunta de Galicia en ningún momento unha suavización das restriccións impostas polos decretos da Xunta.
Así mesmo seguen pendentes a día de hoxe os informes seguintes:
-Augas de Galicia (Gobernada polo PP)
Axencia Galega de Infraestructuras AXI (Gobernada polo PP)
-Deputación de Lugo (Gobernada polo bipartito PSOE-BNG)
Logo de 20 anos de goberno socialista, está claro que o suspenso na súa xestión do urbanismo de Viveiro é total e innegable. Se isto lle sumamos, que a Xunta do Partido Popular, avanza en grandes titulares a necesidade de aprobación dos distintos plans xerais nos Concellos, no caso de Viveiro, é tan responsable desta situación coma a deixadez do goberno local.
E por isto que solicitamos:
1. Reunión da comisión de seguemento do PXOM de forma inmediata.
2. Trasladar esta moción a Augas de Galicia, AXI e Deputación de Lugo, implicadas no atraso da aprobación do PXOM de Viveiro.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



