A actuación enmárcase no plan Hurbe, impulsado en 2010 para apoiar ás entidades locais en proxectos que melloren as condicións e a calidade de vida da veciñanza
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2022. A Xunta e o Concello do Vicedo colaborarán na humanización dunha zona dotacional localizada en pleno núcleo urbano, tal e como establece o convenio subscrito esta semana entre a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde, Jesús Novo.
A actuación centrarase nun ámbito de algo máis de 300 metros cadrados situado entre a Casa da Cultura, a gardería, o parque infantil e a rúa Francisco Vilasuso, no lugar do Vicedo; e requirirá un investimento estimado de case 50.000 euros, contía que cofinanciará nun 70% o departamento autonómico e nun 30% o concello.
O obxectivo principal das obras é a creación dunha praza que comunique e conecte entre si todos estes espazos, para o que tamén está previsto cambiar o pavimento existente, aumentar a zona de lecer aproveitando un espazo que está infrautilizado e mellorar a seguridade coa limitación do acceso aos vehículos.
A tal fin, o proxecto prevé a demolición do pavimento existente para substituílo por outro continuo de formigón impreso, o subministro e instalación de sinalización vertical, a canalización e recollida de augas pluviais e a súa conexión coa baixante existente, ademais do subministro e instalación de bancos de madeira.
Estes traballos de humanización acometeranse ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego hai máis dunha década—púxose en marcha no ano 2010— co fin de axudar ás administracións locais a executar este tipo de proxectos.
Cómpre lembrar que este plan reflicte o apoio da Xunta ás entidades locais na promoción de actuacións que, na liña da obra do Vicedo, contribúan a dinamizar as vilas galegas co fin de mellorar a calidade de vida da súa veciñanza. De feito, os orzamentos da Consellería para 2023 teñen reservados 8,6 millóns de euros co fin de financiar iniciativas destinadas á mellora de equipamentos municipais e dos servizos públicos.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



