Valorou tamén a rapidez e eficiencia na xestión de todas as peticións do Kit Dixital e salientou que, con este ritmo de solicitudes, durante o 2023 xa estarán repartidos os 3.067 millóns do programa, procedentes dos fondos Next Generation
Lugo, 7 de novembro de 2022. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou hoxe a oportunidade que ofrece o Goberno aos pequenos empresarios e emprendedores lucenses para mellorar a súa competitividade e modernizar os seus negocios coas axudas á dixitalización do programa Kit Dixital. A subdelegada constatou, nunha reunión coa presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo (AELU), Beatriz Varela, e traballadoras e representantes do colectivo, que “os bonos deste programa estatal están a chegar ás pemes e autónomos da provincia”.
Tal e como explicou Rodríguez, durante o encontro celebrado este luns na Subdelegación, o Goberno ofrece con “este plan sen precedentes no noso país” bonos que van dende os 12.000 euros ata os 2.000 euros, dependendo do tamaño da empresa, coa finalidade de avanzar na dixitalización de áreas crave como presencia na internet, deseño da web, venda electrónica, xestión de clientes e provedores, oficina dixital, redes sociais, xestión e automatización de procesos e ciberseguridade.
“O futuro é dixital e desde o Goberno de España traballamos para que esa dixitalización chegue a cada recuncho da provincia. Por iso desenvolvemos unha das principais iniciativas do Plan de Recuperación, dirixida a fomentar o dinamismo do tecido produtivo e dar resposta ás necesidades e demandas dixitais das empresas, para incrementar as súas capacidades e impulsar o crecemento económico”, sinalou a subdelegada quen valorou positivamente a resposta das pemes e autónomos ás axudas do Goberno, pois son máis de 400 as empresas que xa recibiron o bono dixital cunha inxección económica de 4,8 millóns de euros na provincia.
Durante o encontro, Rodríguez agradeceu a AELU o traballo de acompañamento e asesoramento que está a desenvolver para que as axudas do Kit Dixital cheguen o antes posible ás pequenas empresas e emprendedores da provincia.
Nesta liña, tamén destacou a rapidez e eficiencia coa que se están a xestionar todas as peticións do plan. Así, sinalou que, se se mantén a actual velocidade na solicitude dos bonos, durante o 2023 xa estarán repartidos os 3.067 millóns de euros cos que está dotado o Kit Dixital, procedentes dos fondos Next Generation.
Deste xeito, todos os expedientes xestiónanse cunha plataforma creada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación dixital, a través de Red.es, que recibe todas as solicitudes e analiza os requisitos só coa petición e os datos fiscais do solicitante, sen ningún papel.
Abertas as 3 liñas do Kit Dixital
Na reunión, a subdelegada lembrou ás representantes de AELU que o Kit Dixital conta con tres convocatorias abertas, que se puxeron en marcha en sete meses, e que agora conviven de forma paralela. A primeira liña, para empresas de entre 10 e 49 empregados, conta con axudas de 12.000 euros e o prazo remata o 15 de marzo de 2023; a segunda convocatoria, para pemes de entre 3 e 9 empregados, ofrece bonos de 6.000 euros e o prazo está aberto ata o 2 de setembro do ano que ven; e a última, dirixida ás micropemes e autónomos de entre 3 e 0 traballadores, dispoñe de bonos de 2.000 euros ata o 20 de outubro do 2023.
Solicitudes en Red.es
As empresas interesadas poden solicitar as axudas na sede electrónica de Red.es. Baixo o lema “cero papeis”, Red.es deseñou un sistema de tramitación moi innovador que axiliza o proceso usando ferramentas de robotización e intelixencia artificial, polo que se pode solicitar a axuda sen achegar ningunha documentación, xa que será suficiente con que o empresario autorice a Red.es a consultar de oficio os requisitos e obrigacións requiridos para obter a condición de beneficiario. O catálogo de solucións de dixitalización pódese consultar en www.acelerapyme.es.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



