Ribadeo, 24 de novembro de 2022. O Concello de Ribadeo asinou, un ano máis, un convenio coa asociación Educando en Familia que presta axuda e asesoramento a 40 familias ribadenses con nenos e nenas de 0 a 6 anos. O importe ascende a 4.000 euros.
A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, dixo que “renovamos este compromiso que temos con Educando en Familia desde o ano 2014. A través deste convenio, por un importe de 4.000 euros, estámoslle dando axuda e asesoramento a unhas corenta familias con nenos entre 0 e 6 de anos de Ribadeo”.
A edil ribadense explicou que “estamos promovendo que un equipo educativo moi profesional, composto por docentes especializadas e con moita experiencia, poidan dar unha serie de consellos, de asesoramento ás familias de como educar aos nenos e ás nenas, como se lle transmiten os valores, as disciplinas, as tolerancias, as importancias dos xogos, os perigos do consumismo, etc…, e todo isto para favorecer que as familias estean tamén atentas a todas as etapas evolutivas polas que van pasando as súas crianzas, para poder así abordalas con seguridade, con normas, con límites, etc…”.
Freire Rancaño lembrou que “a asociación Educando en familia é una entidade dedicada ao acompañamento educativo as familias dos nenos/as de 0 a 6 anos e, segundo os seus estatutos aprobados o 31/01/2014, nos seus fins está a promoción das actividades de orientación familiar, colaboración e coordinación con distintas institucións, axentes e profesionais dos ámbitos sanitario, sociais e educativos autoformación de profesionais. Tanto o Concello como a devandita asociación teñen obxectivos comúns e polo tanto é necesaria unha colaboración estreita que permita precisar o desenvolvemento da actividade especifica do Programa Educando en Familia entre os veciños e veciñas de Ribadeo e a participación destes no seu desenvolvemento”.
No acto de sinatura participaron o concelleiro de Economía e primeiro tenente de alcalde, Pablo Vizoso, Cándido Iravedra, representante de Educando en Familia. Tamén asistiron a concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, a educadora familiar Fianma Prada, e o secretario accidental do Concello de Ribadeo, José Rodil.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



