Todos os Estados democráticos castigan os actos de violencia que tentan alterar pola forza o seu sistema constitucional (rebelión, chamada noutros sistemas legais traizón e á que os ingleses nomean como high treason) e máis os actos de violencia para impedir a aplicación das normas, sentenzas e actos administrativos (o que se chama sedición no Código Penal español ). En termos xerais o primeiro delito adoita ser sancionado de xeito bastante máis grave ca o segundo. No conxunto da Europa democrática as penas son bastante semellantes ás lexisladas no Estado español.
O gravísimo prroblema é que a definición legal no Código Penal español da sedición non require da violencia, senón que inclúe calquera alzamento público á marxe das vías legais para impedir a aplicación das leis ou das resolucións administrativas e xudiciais. De feito, o concepto delictivo é tan disfuncional que en 40 anos de democracia só houbo unha condena antes da decidida polo Tribunal Supremo (TS) no xuizo do procès a respecto dos líderes soberanistas cataláns. Ao abeiro dunha definición tan escura, o TS puido condenalos a penas absolutamente desaqueladas de até once ou trece anos de cárcere.
Eis o problema legal e político. O Estado español mantén un delicto contra a orde pública, a sedición, que non require do elemento da violencia, o que prohibe directamente calquera exercicio da protesta masiva e globalizada non violenta. Para pormos un exemplo, as protestas e resistencias non violentas de Gandhi serían condenábeis por sedición, se fose xulgado polo TS.
E velaí o cerne da cuestión que separa radicalmente o sistema xurídico-penal español do propio dos outros Estados da Europa democrática e que explica os sucesivos fracasos acadados polo TS nas súas reclamacións de extradición intraeuropea perante os tribunais escoceses, belgas ou alemáns e de extradición común perante os tribunais suizos que tiñan por obxecto os líderes cataláns exiliados nos devanditos países. Na Europa democrática convocar unha consulta cidadá ou un referéndum pode, como moito, ser unha actuación que non xere efectos xurídicos se a Autoridade convocante non é a competente, mais non constitúe delicto ningún.
Esta anomalía, xunto con outras como a tipificación delictiva das inxurias ao Xefe do Estado e máis ultraxes ás bandeiras afastan o Dereito Penal español da lexislación e xurisprudencia europeas e mesmo da dos USA e xustifican a derrogación das formas non violentas da sedición (prometida por Pedro Sánchez na súa investidura e adiada como tantas outras cousas) e das devanditas inxurias e ultraxes para achegar o sistema penal español ao das democracias liberais. Do que tan afastado está nesas concretas-mais moi importantes- cuestións.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



