Burela, 18 de novembro, 2022. A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña (Imdecum) presentou este ano o Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2022, en Burela. Nesta edición colaboran o artista plástico, músico e fotógrafo viveirense David Catá, o artista plástico e fotógrafo xovense Mateo Guerreiro, o director e productor audiovisual Xaime Miranda e a fotógrafa Sabela Blanco, os dous de Cervo.
O Festival Audiovisual da Mariña cumpre a súa 11 edición, sendo fiel a un concurso que busca aflorar as inquedanzas culturais dos estudantes e diferentes colectivos da Mariña Lucense. Preténdese introducir aos mariñáns no ámbito audiovisual, ofrecerlles a oportunidade de expresar o que senten pola súa terra a través da imaxe, empregando os soportes tecnolóxicos do seu día a día.
Por outro lado, tamén aspira a promover a integración e inclusión de todas as persoas a través de actividades nas que participen tanto centros de ensino coma asociacións e fundacións dirixidas a persoas con diversidade funcional.
HISTORIA DO FESTIVAL
En 2011, o festival Imaxiña deu os seus primeiros pasos descubrindo o mundo do audiovisual no IES Monte Castelo, a través dun obradoiro creativo de vídeo ‘Fotografía en Movemento’, coa participación do pintor xovense Xoán Guerreiro, a comunicadora cervense Sabela Blanco e o profesor de Debuxo e Artes do Monte Castelo Pedro Cabarcos, ademais dunha charla sobre fotografía da reporteira gráfica de La Voz de Galicia Pepa Losada. Na segunda edición, a iniciativa, coa colaboración fotógrafo focego Xulio, estendeuse aos IES Marqués de Sargadelos, Vilar Ponte e Dionisio Gamallo Fierros, cunha excelente resposta no concurso, con fermosas e orixinais visións da Mariña. En 2013, incorporáronse o María Sarmiento e o Illa de Sarón, nunha edición apadriñada polo polifacético artista viveirense David Catá.
OBRADOIROS
Imaxiña, baixo a organización de Imdecum, coma cada ano, combinará obradoiros de fotografía cun atractivo concurso final, dirixido aos centros de ensino secundario e a Asociacións ou Fundacións adicadas á axuda ás persoas con diversidade funcional.
Co apoio da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o festival Imaxiña xa realizou en maio deste mesmo ano un taller fotográfico, da man de David Catá, no IES Alfoz-O Valadouro, para que o seu estudantado se achegue ao mundo da imaxe.
Durante a mañá do día 15 de decembro, Xaime Miranda e Sabela Blanco impartirán un taller fotogáfico a persoas con diversidade funcional en ASPANANE de Viveiro, no que aprenderán conceptos fotográficos relacionados con “aprender a mirar” para procurar animar ás persoas destas entidades a desenrolar as súas salientables dotes creativas, aplicadas á imaxe dixital.
CONCURSO FOTOGRÁFICO
Na segunda fase do festival, o concurso fotográfico, poderán participar todas aquelas persoas que estean cursando estudos de formación (ESO, ESA, bacharelato, ciclos formativos…) durante o ano académico 2022-23 nos institutos IES Monte Castelo (Burela), IES Perdouro (Burela), IES Dionisio Gamallo (Ribadeo), IES Marqués de Sargadelos (San Cibrao), IES Vilar Ponte (Viveiro), IES María Sarmiento (Viveiro), IES Illa de Sarón (Xove), IES Alfoz-O Valadouro e IES de Foz. A apertura de prazo para presentarse no concurso comeza o luns 21 de novembro de 2022, e remata o 30 de decembro do mesmo ano.
Así mesmo estará dirixido a@s usuari@s da Fundación Eu Son, Asociación Saúde Mental A Mariña, Asociación Camiña e ASPANANE.
Existindo dúas categorías diferenciadas para cada ámbito, unha de “Estudiantes” e outra de “Persoas con diversidade funcional” o tema común a tratar será: A Mariña e o prazo de recepción de imaxes remata o día 30 de decembro. En ambas categorías poderanse presentar un máximo de 3 fotografías.
Os traballos deben mandarse a través do servidor www.wetransfer.com ao correo electrónico: contacto@imdecum.com
Na mensaxe de envío deberán figurar nome e apelidos do concursante, DNI, centro e curso, teléfono de contacto e correo electrónico de contacto.
Durante o mes de xaneiro, o xurado, composto polos colaboradores do festival, decidirá cales son as mellores imaxes e farase un acto de entrega dos premios e unha exposición.
DATAS DE INTERESE
Luns 21 de novembro de 2022: Apertura do prazo de presentación para o concurso.
Venres 30 de decembro de 2022: Data límite de presentación de fotografías para o concurso (ata as 00.00 horas).
Xaneiro de 2023: Entrega de premios e inauguración da exposición.
PREMIOS
Haberá un premio por categoría, tratándose dun vale por material fotográfico/videográfico de 150 euros.
Na categoría de “Estudantes” o autor ou autora da mellor imaxe será galardonado cun vale por material fotográfico / videográfico de 150€.
Na categoría de “Persoas con diversidade funcional” a entidade (asociación ou fundación) da que o gañador ou gañadora sexa usuaria será beneficiaria dun vale por material fotográfico/videográfico de 150 euros.
XURADO E CRITERIOS DE SELECCIÓN
O xurado estará composto por membros da Fundación, así como polos artistas mariñáns que colaborarán na presente edición. O xurado poderá reservarse o dereito de facer unha preselección das mellores propostas, con votación final en redes sociais.
Os criterios de selección serán:
-A transmisión dun concepto claro.
-A orixinalidade.
-A técnica: composición, luz e encadramento.











A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.


