O voceiro popular de Ribadeo destaca que a reubicación dos residentes serán en Ribadeo ou dentro da comarca de A Mariña
Ribadeo, 2 de novembro de 2022. O voceiro do PP de Ribadeo, Dani Vega, destaca que “a Xunta de Galicia vai a cumprir cun orzamento importante para garantir a reforma integral do hospital asilo de Ribadeo”. Estas palabras son un compromiso claro que grupo popular tenpara reformar o hospital asilo, asunto que “xa era hora, nótase o nerviosismo no BNG, levan tres anos para facer este proxecto”.
O Grupo Municipal popular leva tempo reclamando que o goberno nacionalista pida as axudas que ten a Xunta de Galicia en materia de construción e que a propia Fegamp -presidida por un alcalde do PSOE- informou da existencia desta subvención. Por iso, os populares non entenden a actitude do BNG de pedir en cartas solucións para esta cuestión. Precisamente, “en maio foi enviada unha carta ao goberno do BNG para informar das axudas e non contestaron. Nós non queremos entrar nesta guerra de cartas”, explica Dani Vega. Ademáis o voceiro engade que “nos actuamos por vocación, non por obligación. O BNG non nos dicta o que temos que facer, iso xa o sabemos nós e por iso preferimos traballar en silencio e con lealdade a Ribadeo ante unha falta de xestión clara.”
“Temos unha herdanza que debemos agradecer ao filántropo Doutor Moreda. Son case 730.000 euros que deixou para a reforma do asilo e o cal o BNG non quería explicar. Polo tanto, é entre a Xunta de Galicia e o Doutor Moreda que van a garantir a reforma do hospital asilo e esperamos que o Concello aporte tamén algo, porque a reformar deféndese con feitos non con simples palabras”, di.
Neste asunto, os populares pregúntanse por qué o BNG non constitué unha comisión de traballo que reúna a todos os axentes implicados para traballar conxuntamente como corporación. A corporación municipal, os técnicos de urbanismo, os técnicos e a propia Xunta son quen teñen que formar parte desta mesa de traballo para, de forma consensuada, ofrecer unha solución o máis rápido posible.
REUBICACIÓN TEMPORAL DOS RESIDENTES DO ASILO
O voceiro do Grupo Municipal explica que o seguinte paso “é facer unha reunión”. A Xunta de Galicia convocará nos vindeiros á corporación municipal para así comezar a traballar conxuntamente. “Esperemos que se constitúa esa comisión, xa que é importante un diálago entre as dúas administracións e non unha confrontación permanente”, resalta Dani Vega
Dani Vega explica que o máis importante é “explicar e tranquilizar ás familias de que a reubicación temporal dos seus familiares será en Ribadeo ou dentro da propia comarca de A Mariña, que non teñan medo. Nós vamos a traballar con responsabilidade, pensando nas persoas e cumprindo cos veciños”:




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



