O Concello da Fonsagrada xa realizou a cesión gratuíta dos terreos para construír esta nova dotación, que dá resposta a unha demanda do Goberno progresista da Fonsagrada co fin de atraer servizos, e ao mesmo tempo fixar poboación neste municipio da Montaña lucense
A Fonsagrada, 21 de novembro de 2022. O Alcalde socialista da Fonsagrada, Carlos López López, mantivo hoxe en Madrid, unha xuntanza coa Directora Xeral da Garda Civil, María Gámez, na que desbloquearon o proxecto de construción da casa cuartel da Garda Civil no Concello.
Así o avanzou o Alcalde, que saíu moi satisfeito desta xuntanza, tras expoñer as súas demandas diante deste organismo. “Dende a Dirección Xeral da Garda Civil comunicáronnos que a finais de ano estará listo o anteproxecto desta nova infraestrutura, e a principios do 2023 contaremos xa co proxecto definitivo, e previsiblemente, segundo o cronograma previsto, será licitado no segundo semestre do ano”.
O Concello da Fonsagrada xa realizou a cesión gratuíta dos terreos para construír esta nova dotación, que dá resposta a unha demanda do Goberno progresista da Fonsagrada co fin de atraer servizos, e ao mesmo tempo fixar poboación neste municipio da Montaña lucense.
“Hoxe é un día importante para o noso concello. Por fin sacamos adiante un proxecto que levaba tempo enfrascado, e agora xa podemos anunciar que temos o compromiso firme do Goberno de Pedro Sánchez para sacalo adiante. Polo tanto, estamos diante dunha boa nova, un novo investimento que contribuirá de xeito decidido a mellorar os nosos servizos públicos e as nosas dotacións”, dixo o rexedor.

















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



