As proxeccións inícianse o vindeiro domingo, día 13, ás sete da tarde no centro social de San Cosme
Barreiros, 9 de novembro de 2022. A película “Crebinski” de Enrique Otero pon en marcha o vindeiro domingo a segunda edición dos Seráns de Cine organizados polo colectivo barreirense coa colaboración do Concello de Barreiros, a área de cultura da Deputación de Lugo e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).
Nesta edición poderanse ver cinco películas de cinema galego que intentan mostrar unha panorámica moi diversa tanto a nivel temático como a nivel formal. Desde as clásicas como “A noiva de medianoite” ou “Entre bateas” ata as máis recentes como “A poeta analfabeta” ou “Jacinto”, pasando pola dificilmente encadrable “Crebinski”.
A mostra iníciase este domingo en San Cosme con “Crebinski”, unha película “diferente” a todas as demais, ou en palabras de Miguel de Lira, un dos guionistas, unha película “dexenerada” porque non se pode encadrar en ningún xénero. Dirixida por Enrique Otero, conta no seu elenco con Miguel de Lira, Sergio Zearreta, Celso Bugallo, Luís Tosar e Patricia de Lorenzo entre outros.
O domingo 20 de novembro nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante poderemos ver “A poeta analfabeta” de Sonia Méndez, unha película documental que retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 89 anos é unha das voces vivas da emigración galega, da que volveu pobre pero cunha fonda consciencia da súa identidade, a súa lingua e o seu xénero. Luz é testemuña das realidades máis duras do século XX. Por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, por ser “roja”.
O 27 de novembro o cine volve a San Cosme coa proxección de “Entre bateas”, unha película de Jorge Coira con Miguel de Lira, Nekane Fernández, Pepo Suevos e Xosé Manuel Olveira “Pico” entre outros. Situada nos anos 60, conta a historia de dous mozos, amigos da infancia, que se desenvolven na convulsa e perigosa fronteira entre o contrabando e o narcotráfico, e evidenciará a realidade social relacionada con esa problemática na zona das Rías Baixas galegas nos anos 70.
E xa en decembro, o domingo 4, en San Miguel, será o turno de “Jacinto” unha película de Javi Camino do ano 2021 pola que o seu protagonista, Pedro Brandariz, gañou o premio Mestre Mateo a mellor actor. Jacinto é un neno de nove anos encerrado no corpo dun home de preto de cincuenta que fabricou un mundo de fantasía no que é o rei absoluto, pero todo cambia coa chegada dunha nova parella de veciñas. Trátase dunha proposta de “horror rural” disfrazada de comedia negra onde non queda títere con cabeza.
E para rematar, o domingo 11 de decembro, a nosa sala de cine trasladase ao Centro Social de Vilamar para proxectar “A noiva de medianoite”, unha película de Antonio Simón baseada nun argumento orixinal de Luís Buñuel. Conta no seu reparto con Ernesto Chao, Juan Diego, Nancho Novo, Laura Ponte ou Paco Rabal entre outros, e presenta unha historia de amor mesturada con traxedia no seo dunha familia nobre galega. Unha acomodada muller viúva dúas veces, vive coa súa reducida familia e dous criados, nun pazo sombrizo na Galicia de finais do século XIX, illada do mundo, para ocultar un grave suceso acontecido no seo da súa familia hai dez anos.
Todas as proxeccións serán ás sete da tarde con entrada de balde ata completar aforo.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



