Lugo, 26 de novembro de 2022. A Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, asistiu este sábado á clausura das XXVI Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro de Celeiro, unha cita que converteu estes días á Mariña no epicentro do sector pesqueiro, e nas que se abordaron as principais preocupacións da flota, como o veto europeo á pesca de fondo. Unha decisión, calificou Loureiro, “de desproporcionada e inxusta das autoridades da Unión Europea, contra a que o Goberno de España presentou xa un recurso, que todos e todas esperamos que sexa atendido”.
A Deputada destacou a necesidade de atender ás novas pautas de “consumo” e ás novas técnicas de “comunicación” para mellorar a comercialización dos produtos do mar. Para iso, recalcou “é necesario que as administracións executen os seus orzamentos, e que esas cifras de récord que se escriben sobre o papel cheguen realmente á xente e ós sectores produtivos”. Algo esencial porque, “para resultar cribles fóra e esixir á Unión Europea, hai que dar exemplo dende dentro, dende Galicia, incrementando tanto os fondos dedicados á pesca, como, sobre todo, o grao de execución dos mesmos”, afirmou.
Loureiro agradeceu á Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Celeiro e a Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo, pola celebración destas xornadas que contaron cun amplo programa e relatores de primeiro nivel, “que converten ó noso concello nun centro de debate e reflexión sobre a situación do sector pesqueiro, e serve de altofalante das súas necesidades e xustas reivindicacións”, indicou.
Así mesmo, sinalou, que para que a Mariña e a provincia teña futuro dende a Deputación consideramos que “é prioritario manter a nosa pesca como sinal de identidade e motor económico e de emprego, polo seu peso no PIB e o seu impacto no deseño da oferta gastronómica e turística”, así como un plan industrial que “levamos tempo reclamando”.
As Xornadas de Pesca de Celeiro poñen hoxe fin a tres días de intenso debate e reflexión, nos que se combinaron o formato presencial e online. Entre os asuntos de interese que se abordaron destacan temas de calado e de actualidade como a financiación, a xestión marítimo-pesqueira e portuaria, así como o impacto da eólica mariña na pesca, e a Política Pesqueira Común (PPC).
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



