Riotorto, 24 de novembro de 2022. Os Socialistas de Riotorto criticaron hoxe o proxecto de orzamentos do PP para o 2023. Advirten de que as contas municipais “non presentan nin un só proxecto novo para o municipio”, e explican que “a única partida que medra é o soldo do Alcalde, que ascende a máis de 61.000 euros (que inclúe dietas, quilometraxe e seguridade social), para gobernar un concello de 1.000 habitantes. E sen esquecer que a muller do noso Alcalde tamén recibe un salario do Concello xa que traballa como administrativa, como xa denunciamos no seu día”.
O Voceiro do PSdeG, José García Freije, sinalou na sesión plenaria na que rexeitaron as contas municipais, que o Concello esta enchendo as arcas públicas á conta do incremento nos recibos de recollida de lixo, que subiron un 100%, ou mesmo cos recibos do IBI (contribución), así como do imposto de construción, cando o concello esta ingresando dos impostos dos veciños 355.000 euros (lixo, contribución e licencia de obras). “Non podemos impoñer ás familias a carga económica da nosa vila, porque entendemos que agora é o momento de axudar ás familias e non de subirlles os impostos. Todo o mundo ten que apretar o cinto e o Concello tamén debe dar exemplo”. Nesa liña, lembrou o gasto de 682.000 euros adicado ao persoal laboral do Concello.
García tamén lembrou o investimento de preto de 300.000 euros da Deputación de Lugo, a través do Plan Único. “Esta cantidade é a que ano tras ano está concedida dos fondos provinciais para o Concello de Riotorto, segundo criterios públicos e obxectivos. Uns recursos que son destinados para realizar obras de mellora nos viais municipais, manter o Servizo de Axuda no Fogar ou impulsar o turismo, entre outros moitos obxectivos. Aquí hai un compromiso real para mellorar a calidade de vida da veciñanza, e non o fume que vende o PP”, recalcou.
“Dende o Grupo Socialista de Riotorto rexeitamos os orzamentos do PP, xa que non reflicten nin unha soa medida que reverta a situación de parálise que padecemos actualmente, e tampouco conta cunha soa iniciativa encamiñada a asentar poboación no municipio ou que mellore os nosos servicios. O único proxecto polo que apostou o Concello do PP, o Alcalde e o seu goberno, é pagar por un terreo 36.000 euros para que SOGAMA instale unha planta de residuos no lugar de Vilaseca, sen contar co consenso dos veciños e veciñas de Riotorto”, dixo José García.




















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



